España: Os crimes internacionais máis graves, ausentes na reforma do Código Penal

O proxecto de lei non se axusta plenamente ao dereito internacional
Amnistía Internacional / Galicia
Amnistía Internacional / Galicia
O Goberno presentou o pasado novembro o seu proxecto de lei de reforma do Código Penal para a súa tramitación no Parlamento, baixo a premisa de fortalecer a “loita contra a impunidade”. Case catro meses máis tarde, e a piques de finalizar o prazo para a presentación de enmendas parciais, non parece que a norma poida chegar a cumprir o seu cometido.
“O proxecto de lei modifica máis de 130 artigos dun total de 639, mais o Goberno non atopou a maneira de incluír os crimes internacionais máis graves, algúns dos cales son cometidos precisamente polos Estados. Isto revela unha clara falla de vontade política de axeitar a nosa lexislación aos estándares internacionais de dereitos humanos, ao que está obrigado o Estado español, conforme os compromisos internacionais adquiridos”, declarou Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional España. “Sería preocupante que o Congreso non corrixise agora esta falla de alineación da nova norma co dereito internacional”.
“Coa súa redacción actual, este proxecto de lei é unha oportunidade perdida para que o Código Penal inclúa os crimes internacionais máis graves contemplados no Estatuto de Roma, ratificado por España: xenocidio, crimes de lesa humanidade, crimes de guerra, tortura, desaparicións forzadas, execucións extraxudiciais, escravitude, etc.”, sinalou Estebán Beltrán.
A responsabilidade de que o futuro Código Penal se reaxuste ao dereito internacional recae en primeiro lugar no Goberno, que está a tempo de modificar o texto, mais tamén nos Grupos Parlamentarios, que ainda non teñen a oportunidade de introducir enmendas no texto. “O Código Penal é unha norma fundamental na loita contra a impunidade. Amnistía Internacional mantivo contacto con case todos os Grupos Parlamentarios coa fin de que aproveiten esta última oportunidade para melloralo en aspectos de enorme impacto en vítimas de violacións de dereitos humanos”.
Aspectos máis preocupantes do proxecto de reforma
Os aspectos nos que Amnistía Internacional centrou a súa atención no proxecto de reforma do Código Penal son os seguintes:
· Desaparición forzada
É moi preocupante que o actual proxecto non introduza o delito de desaparición forzada, malia a recente ratificación por España da Convención da ONU contra as Desaparicións Forzadas. Resulta especialmente grave que non se incluíse este delito, malia ter contraído a obriga internacional, xa que se dificulta que as vítimas dese terrible delito gocen do seu dereito a obter verdade, xustiza e reparación.
· Execución extraxudicial
O proxecto tamén esquece o delito de execución extraxudicial, que non pode asimilarse, como algunha vez fixo a Audiencia Nacional, co o homicidio ou o asasinato. Trátase, pola contra, dun dos máis graves crimes internacionais considerado polo dereito internacional como imprescritible, e así debe reflectilo o Código Penal.
· O delito de tortura
A definición deste grave delito segue sen axustarse plenamente á da Convención contra a Tortura. O proxecto de reforma segue considerando a tortura como un delito común sen establecer a súa imprescritibilidade, como esixiron varias veces diversos Comités das Nacións Unidas. Este “esquecemento” concorda coa falla de vontade política que, en moitas ocasións, mostraron as autoridades españolas para facer fronte de forma decidida e efectiva aos casos de tortura por parte das forzas de seguridade que seguen a acontecer, como denunciou en diversas ocasións Amnistía Internacional. Tampouco menciona que a violación sexual baixo custodia deba ser considerada tortura.
· Delitos contra mulleres, nenos e nenas
O proxecto recolle algúns aspectos positivos como a incorporación como crimes de guerra dalgúns delitos contra mulleres, nenos e nenas. Porén, cómpre axeitar algúns delitos sexuais a súa tipificación internacional como a que contén o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional. Por exemplo, a escravitude sexual só se recolle como crime de guerra e non como crime de lesa humanidade. Considérase que a esterilización forzada é só un delito de lesións e a tipificación do delito de embarazo forzoso é máis restritiva que no Estatuto de Roma.
· Trata de seres humanos
Unha boa nova é a tipificación da trata de seres humanos como un delito autónomo, separado do tráfico de inmigrantes. Porén, non debería ser considerado como un delito, senón coma un crime internacional, xa que se trata dunha forma contemporánea de escravitude.
Por outra parte, é fundamental que a reforma considere delito o emprego dos servizos dunha vítima de explotación sexual cando se sabe que é unha vítima, tal e como establece o Convenio do Consello de Europa contra a trata de seres humanos.
· Os delitos de terrorismo
En canto á tipificación dos delitos de terrorismo, o actual artigo 576 criminaliza a toda persoa que “leve a cabo, solicite ou facilite, calquera acto de colaboración coas actividades ou finalidades dunha banda armada, organización ou grupo terrorista”, o cal pode dar lugar a que se trate como delito a conduta de quen, por medios pacíficos, propugne cambios políticos ou sociais. Este foi o caso dalgúns membros da Fundación Joxemi Zumalabe, xulgados e condenados en 2007 no macrosumario 18/98 pola súa colaboración con ETA e finalmente absoltos polo Tribunal Supremo. É esencial que o Parlamento español se asegure de que se cumpra escrupulosamente o principio de legalidade, de forma que todos os delitos queden recollidos de forma precisa e que , así, quede claro que condutas prohibidas confiren á colaboración con banda armada o carácter de conduta terrorista.
O informe completo “Recomendaciones de Amnistía Internacional al Proyecto de Ley orgánica por el que se modifica el Código Penal” pode consultarse en:
http://www.es.amnesty.org/paises/espana/documentos

Ningún comentario:
Publicar un comentario