1 de mar. de 2010

BARCELONA

CINCO ATLETAS GUARDESES CORRERÁN A MARATÓ DE BARCELONA, 2010

- Nese importante evento deportivo - para o que xa están pechadas ás inscripcións - participarán 12.078 corredores

De esquerda a dereita Victor Pazos (Peluquero), Dionisio Ameal (Dioni); agachados: Antonio Pena (Songui), Loli González e Manolo Franco (Bugallas).

Infogauda / A Guarda

Cando xa están pechadas ás inscripcións para a Marató de Barcelona, 2010, que se celebrará o vindeiro día 7 deste mes na cidade de Barcelona, podemos informarlles que entre os máis de 12.000 corredores que tomarán a saída na Avda. María Cristina, da cidade condal, estarán os cinco atletas de A Guarda que figuran na fotografía. E ademáis de toma-la saída estamos completamente seguros que salvo calquer imprevisto de forza maior, percorrerán o circuito urbán de 42 kilómetros e rematarán a proba, novamente na Avda. María Cristina, coa satisfacción de haber concluído con éxito seu obxectivo deportivo. Esa será a compensación a moitos meses de adestramentos diarios logo de rematar cada ún deles súas correspondentes labouras profisionais.
Unha vez máis, o deporte e o nome de A Guarda irán moito máis alá.
Parabéns amigos polo voso esforzo,... e moito ánemo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario