26 de feb. de 2010

OPINIÓN

O ARTE DA DESINFORMACIÓN



Dende Esquerda Unida do Baixo Minho decimos que é unha pena a morte de Orlando Zapata, ante a avalancha de manifestacións distorsionadas aparecidas nos medios de comunicación e TV nos preguntamos: ¿Cómo é posible que este Goberno e o PP defendan a presuntos terroristas estranxeiros, e condenen a os que temos aquí, para nós todos terroristas son iguais. ¿Por qué non se fala dos desaparecidos Cubanos? ¿Por qué non criticaron a Israel polo terrorismo de estado contra un dirixente palestino? A realidade é que esta morte, tachada de asasinato, foi unha eutanasia da contrarrevolución.

Unha vez máis, así durante 50 anos, a dereita cavernícola espanhola e mundial expresa o seu odio ata un proceso revolucionario que, baseado na democracia e na soberanía nacional fronte o bloqueo e constantes agresións do imperialismo USA, logrou uns estándares de dereitos humanos que para si quixeran a maioría dos pobos do mundo. Exemplo: ¿Onde están os dereitos de tódolos desaparecidos na Guerra Civil Espanhola?

Resulta indignante que dende un país como Espanha, con máis de 4 millóns de parados, onde xa se empezan a organizar comedores populares para atender problemas alimentarios de persoas sen recursos; o país de Obama amante da invasión co apoio militar en Afganistán e na complicidade con outras dictaduras como a de Honduras, Marrocos se poida ter a cara de querer dar leccións de humanismo, respecto dos dereitos humanos á revolución cubana.

A dereita Espanhola ranciosa non está en condicións de dar leccións a ninguén, dende o punto de vista ético e moral.
Cuba é unha dictadura, un pais bloqueado cunha carencia brutal de recursos, ninguén morre de fame, e mingúen desaparece como nos países chamados “avanzados”.

Lembrámoslle a cidadanía que esté en alerta ante a crecida do fascismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario