8 de feb. de 2010

GALICIA

Feijóo confirma que as conversas co Goberno central comezarán de forma inmediata “para empezar a facer o que tiñamos que facer antes de xudicializar o sistema de caixas de aforro galegas, que é dialogar”


Infogauda / Galicia

Advirte que o futuro depende, en boa medida, “da responsabilidade que cada un de nós sexa capaz de asumir para non converter o que está chamado a ser un acerto histórico nun erro histórico”.
Lembra que as alianzas e as fusións non son algo novo senón que xa se teñen producido en Galicia e “con moito traballo e con dificultades fomos conseguindo pasar de 6 caixas a 2 na actualidade”.
Destaca que o obxectivo é mellorar a solvencia, aumentar a eficacia, fortalecer os recursos propios e atacar a morosidade que vai en aumento.
Remarca que as caixas se crearon para evitar “a exclusión financeira e xeográfica” e que a comunidade galega “non quere desandar o camiño andado”.
“Non sería comprensible que ningunha Administración responsable sitúe Galicia en medio dun campo de Agramante que deveña nun auténtico labirinto sen saída aparente”, indica.
Salienta que “en Galicia somos pacientes, responsables e non queremos política de confrontación” pero “non podemos entender como se poden admitir noutras comunidades todos os preceptos que agora son susceptibles de recorrer ante o Tribunal Constitucional”.
“O certo é que a reestruturación financeira en España ten mudado sensiblemente a reflexión shakesperiana do ser ou non ser, polo ter ou non ter caixas. Ese é o escenario e Galicia quere ter caixas”, asevera.

Ler máis.

Aberto o prazo de inscrición nas probas que organiza Política Lingüística para obter a certificación de coñecemento de galego
A Secretaría Xeral realizará ao longo deste ano tres convocatorias de exames, que terán lugar nos meses de maio, outubro e novembro.
As probas levaranse a cabo na Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, así como en diversas cidades do resto de España, de Europa e mais de América.
O departamento que dirixe Anxo Lorenzo organizará, en 2010, 185 cursos preparatorios para obter a acreditación de competencia en lingua galega nalgún dos catro niveis Celga.

Ler máis.

O Instituto Galego de Consumo organiza un curso sobre a protección do usuario no ámbito financeiro
A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, destacou a importancia da educación financeira e anunciou que no vindeiro ano o goberno galego realizará unha programación específica nesta materia, así como a sinatura de convenios con asociacións de consumidores para reforzar o asesoramento e a mediación na adquisición de produtos financeiros.

Ler máis.

Meteogalicia será o único xestor da información agrometeorolóxica e fitopatolóxica en Galicia

· Os conselleiros de Medio Ambiente e do Medio Rural, na sinatura do acordo
Foto: Conchi Paz

Os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e do Medio Rural asinaron hoxe un convenio para unificar estes servizos.
Facilitarase información meteorolóxica personalizada aos axentes do agro galego e mellorarase a web de Meteogalicia con novas aplicacións.
Ambas consellerías coordinarán tamén os seus traballos de recollida de datos e seguimento da fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario