25 de feb. de 2010

A GUARDA

¿CANDO IMOS COBRAR?


Os abaixo asinantes, BUENAVENTURA LOMBA NUÑEZ e JOSE ANTONIO GONZALEZ ROCHA, titulares dos D.N.I. nº (omitidos pola redacción deste xornal dixital) respectivamente,

E X P O Ñ E N:

O Xulgado de Tui nº 2, en data do 27.12.06 díctou no Punto II do Feito PRIMEIRO a seguinte resolución: “El sobreseimiento libre y parcial de la causa respecto a (os que suscribimos) por no ser los hechos por los mismos realizados constitutivos de infracción penal”

O afán de vinganza dos denunciantes JOSE MANUEL DOMINGUEZ FREITAS e MIGUEL ANGEL ESPAÑOL OTERO, presentaron recurso de Apelación diante da Audiencia Provincial, quen en data do 31.01.2008 a desestimou e confirma a decisión tomada en Tui.

Que en data do 24 de setembro do 2.009, foi arquivado definitivamente o expediente que absolveou a Celso J. Rodriguez Fariñas e José Luís Alonso Riego. Polo que procedemos a solicitar que se nos pagaran as fácturas que tíñamos retidas no Concello.

Que ainda que a acusación era nominal, e diante das dúbidas de si había chegado a resolución o Concello, presentamos copia da mesma no Rexistro Municipal o día 05.11.2009 R/E nº 7959 o mesmo tempo víñamos a solicitar do Departamento Económico Municipal se procedera a facer os cálculos pertinentes dos intereses acumulados e foran incluídos nos Presupostos Municipais 2010, xa que un Equipo de Goberno con maioría absoluta, debería (para cumplir ca Lei) ter presentados os presupostos no cuarto trimestre do ano 2009 para telos efectivos a 1º de xaneiro do 2010, situación que a día de hoxe ainda non foron levados a Pleno polo que temos prorrogados os do ano anterior.
Tendo en conta que a Lei de Contratos do Sector Público (Lei 30/2007) do 30 de octubro e o Regulamento da mesma lei por R.D. 817/2009, o amparo do artigo 200 que no séu apartado 4 que dí: La Administración tendrá la obligación de abonar el precio dentro de los sesenta días siguientes a la fecha de expedición de las certificaciones de obras o los correspondientes documentos que acrediten la realización total o parcial del contrato, sin perjuicio del plazo especial establecido en el art. 205.4, y, si se demorase, deberá abonar al contratista, a partir del cumplimiento de dicho plazo de sesenta días, los intereses de demora y la indemnización por los costes de cobro en los términos previstos en la Lei 3/2004, de 29 de diciembre, por la que se establecen medidas de lucha contra la morosidad en las operaciones comerciales.
Dado que a día de hoxe ainda non recibimos unha desposta a nosa solicitude de pago, tendo en que xa estamos a finais de Febreiro/2010 e non obtivemos contestación algunha sobre o pago de ditas facturas,
VIMOS A ESIXIR QUE SE NOS ABONEN DITAS FACTURAS CO CALCULO DOS INTERESES E A INDEMNIZACION ESTIPULADA POLA LEI 30/2007 NO ARTIGO 200

Xa que non se nos contesta a ningún escrito, sería bó que polo menos responderan diante dos veciños, entre outras a estas preguntas: ¿Cánto vai costarlle os guardeses o abono final destas facturas? Se non se teñen pagado ata agora, ¿Será por vinganza dos dous denunciantes, hoxe na cúpula do Goberno Local nunha manifestación máis do séu poder absolutista? ¿Estamos outra vez diante dunha demostración máis do abuso de poder que tanto demostran os que gobernan o noso Concello?

A Guarda, a 23 de febreiro do 2.010



Buenaventura Lomba Núñez / José Antonio González Rocha

Sr. Alcalde-Presidente
Sra Concelleira de Facenda
Sra Interventora
Sr. Tesoreiro
CONCELLO DE A GUARDA
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
Da a impresión que estes van cobrar cando San Juanciño baixe o dedo, xa que o Inchado non está pola labor. Como os intereses e os recarjos non salen do seu bolso, a esperar. Que non se desanimen que nunca choveu que non escampase.
Anónimo dixo:
Esta claro que vades a cobrar... cando as tartarugas teñan pelo. Bromas a parte O CONCELLO, NON TEN CARTOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario