25 de feb. de 2010

A GUARDA

Centenario do nacemento de Miguel Hernández 1910/2010
Neste ano de 2010, conmemórase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández, condenado a morte polo seu compromiso co pobo e cos ideais de progreso e cultura da Segunda República Española e por facer da poesía unha arma revolucionaria.
Miguel Hernández é un exemplo de poeta comprometido cos valores da esquerda, co mundo do traballo, ca liberdade e a xusticia. Nacido en Orihuela (Alicante), nunha familia labrega pobre; estudiou na escola do seu pobo, pero abandonou os estudios os catorce anos para axudar na economía familiar. Participó na vida literaria de Orihuela e publicou o seu primer libro “Perito en lunas” en Murcia, en 1933.
En 1934, trasladouse a Madrid e entrou en contacto con outros poetas, e traballou na edición dunha enciclopedia sobre toros que dirixía José María Cossío, colaborou nas Misions Pedagóxicas e incorporouse a la intensa vida intelectual de aqueles anos: participou nos debates literarios e políticos, escribiu na “Revista de Occidente” de Ortega e en “Cruz y Raya” de José Bergamín, publicou “El rayo que no cesa”, mantivo correspondencia con García Lorca…
Na guerra (in)civil, que siguiu o golpe de estado do 36 continuou a súa traxectoria poética e humán ingresando como voluntario no exercito republicano: incorporouse o Quinto Regimiento de Zapadores, na organización do Partido Comunista, e participou na defensa de Madrid, Andalucía, Extremadura e Teruel. Seguiu escribindo e desenrrolando unha intensa labor cultural en defensa da república, seus poemas destes anos están recollidos en varios libros: Viento del pueblo, defensa en 1937, El hombre acecha, Cancionero y Romancero de ausencias, que recollen a experiencia da guerra e da cárcere.
Cando terminou a guerra, foi detido, encarcelado e condenado a morte por un Tribunal Militar no Consello Sumarísimo 21001, o 18 de xaneiro de 1940; pasou por varias prisións e, gravemente enfermo, morreu no Reformatorio de Adultos de Alicante o 28 de marzo de 1942.
Miguel Hernández forma parte do patrimonio cultural da humanidade; sua poesía sigue sendo palabra no tiempo para denunciar a inxusticia e loitar pola liberdade; él non entendía o papel do poeta e do intelectual se non estaba arraigado nún compromiso social e político; non desertou nunca da súa clase social, da súa condición de labrego pobre, nin do poder transformador da palabra.
Por todo elo, o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL vimos a traer a Pleno para o séu debate e aprobación a seguinte MOCION:
O Concello de A Guarda, apoiará as propostas da familia de Miguel Hernández e outras institucións e asociacións dirixidas a revisión e anulación total da sentencia de pena de morte e a reparación e recoñecemento persoal do poeta inxustamente condenado por defender o gobierno lexítimo da Segunda República.
A Guarda, a 21 de febreiro do 2010



Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
R/E nº 1163 do 22/02/2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario