28 de feb. de 2010

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS SOLICITA Á ADOPCIÓN DE MEDIDAS OPORTUNAS PARA TER EN CONSIDERACIÓN AS DEMANDAS DOS VECIÑOS E NEGOCIOS DA RÚA FERNANDEZ ALBOR
Infogauda / A Guarda
A traverso dunha nota de prensa remesada a Redacción de Infogauda, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal no Concello de A Guarda, dí o seguinte:
Os veciños e comerciantes da rúa Fernández Albor, veñen de reclamar que se tomen as medidas oportunas para que esa rúa non sexa totalmente pechada durante o período de un mes, xa que, estamos as portas da Semana Santa, e os negocios ubicados nesa zona, poden ser condenados ao peche o non poder acceder a eles os seus clientes e proveedores.
Así mesmo, consideran que se poden dar problemas con calquer veciño que caia enfermo e teña que necesitar dunha ambulancia.
Consideran que se deben tomar medidas para que dita obra se leve a cabo por tramos e dese xeito non sufrir as consecuencias negativas que se están plantexando.
Dende o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL solicitamos a inmediata intervención do Concello para que leve a cabo as negociacións necesarias ca empresa que está levando a cabo as obras e co Ministerio de Medio Ambiente a fin de que se busque a solución máis fácil e cómoda para todolos afectados.
A Guarda, a 27 de Febreiro do 2010
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Grupo Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario