Infogauda / A Guarda
- Porqué, e con qué criterios, o goberniño municipal de A Guarda, impón coa súa maioría absoluta, o pagamento á conta do concello - é decir, de tódolos veciños -, do custe das demolicións das vivendas afectadas pola anulación das licenzas outorgadas no seu día cos informes favorables dos técnicos – aparellador e arquitecto municipais – e o posterior visto bó da Xunta?
- É moi doado ser solidario, sobor de todo cando as consecuencias da ineficacia de algúns conlevan unha considerable quebra na economía municipal que vai repercutir en toda a cidadanía, que sen come-lo ne bebe-lo terá que soportar os erros dos demáis.
- Porqué nesa cuestionable “xenerosidade” dalgúns cos cartos de tódolos cidadáns non se incrúen os importes das retribucións do alcalde, 1º tenente de alcalde, concelleira de Facenda e Turismo e concelleiro de tráfego, para aminorar o impacto que ese “xesto” vai ter nas arcas municipais?
- Se a Xunta de Galicia non asumiu o custe das demolicións, porqué tén que ser o concello quen o faga?
- Non será que algúns o que pretenden e tirar réditos electorais a curto ou medio prazo para beneficio político da súa organización, en primeiro lugar, e para eles mesmos, a continuación?
- Porqué os aludidos técnicos municipais, debido a tibieza dalgúns, quédanse no cuarto da saúde, e polo compadreo do grupo de goberno sáense de rosiñas nesta cuestión na que posiblemente, poideran ter que responder solidariamente?
- En qué informes xurídicos e xurisprudencia se baseou o goberniño municipal para adoitar en solitario o compromiso de pagamento das demolicións?
- Todas esas preguntas e outras moitas máis, deberan espricarse con luz e taquígrafos a tódolos cidadáns. E sobor de todo, o goberniño municipal debera ter, como mínimo, un respecto os demáis grupos municipais, que non secundaron a proposta do grupo maioritario. Porque é moi doado pedirlle a oposición que teña altura de miras, cando ainda está por ver, no futuro quén está máis acertado. Se o grupo maioritario ou os outros tres grupos municipais. O tempo dará ou quitará razóns.
- Quede craro que ninguén está contra os afectados, que son a fin de contas os que pagan os erros alleos. Por iso coidamos que os que os cometeron non foron os membros das diferentes Comisións Municipais de Urbanismo, senón os que previamente á concesión das correspondentes licencias informaron favorablemente a concesión das mesmas. E por extensión, a própia Xunta de Galicia, que deu finalmente súa aprobación.
- Porqué xurídicamente falando non se “tira” da corda por esas dúas liñas que sinalamos?
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Eulogio dixo:
No estoy de acuerdo con querer implicar a la Xunta de Galicia. Es falso que se hubiesen remitido dichas licencias a la Consellería correspondiente -se supone CPTOPV-, para su fiscalización. Nada más lejos de la realidad.¿Se llama remitir las licencias, el enviar las actas de las Juntas de Gobierno?. O acaso, ¿se ha solicitado autorización o informe previamente al otorgamiento de las licencias, a la Consellería?. Sólo sería responsable la Consellería, si se le solicitase autorización o informe de esas licencias... y eso tiene un trámite concreto. De todas maneras, el resultado lo tendrán seguro, y no es otro, que tener que apechugar con lo que se ha hecho mal... y no hacer caso a quien les estaba advirtiendo de esas ilegalidades. ¿Y ahora, que Sr. Alcalde?. Sigue por el mismo camino, esta vez con el tema de la Discoteca de Manuel Alvarez, o los chalet de la Bajada a la Playa de Camposancos... ya lo verá.
Anónimo dixo:
Cando alguien debe algo, sabe de cantos cartos se trata, a día de hoxe os guardeses non sabemos canto temos que indemnizar. Nin Freitas nin Bixurro dín canto diñeiro se está xogando neste embolado das 21 licenzas. Primeiro que nos falen de diñeiro para saber si vale a pena gastar os cuartos en abogados, logo que se peleen ca Xunta ou con quen queiran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario