28 de feb. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA SOLICITA A RETIRADA DA SIMBOLOXÍA FASCISTA





O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
¿Que pasou na guerra civil? A resposta é fácil, mortos, feridos, desaparecidos, etc. Non se trata de vinganza o que se pretende é o conhecemento de toda a verdade.
O partido PP condenou ao Executivo, a Lei de Memoria Histórica e abriulle varios un procesos ao Xuíz Garzón, etc.
Dende Esquerda Unida desexamos que se cumpra a Lei de Memoria Histórica, e que na Guarda non quede rastro dos vestixios da dictadura franquista.
Nas Igrexas de Camposancos, e A Guarda tenhen nas súas fachadas inscricións de nomes de caídos no bando nacional.
Na Rúa Irmáns Noia, que se retiren os símbolos falanxistas nos inmobles do Ministerio da Vivenda no bloque Sta. Tecla e Rúa Rosal, no barrio do Pote.

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Que o Concello se ponha en contacto co Bispado da diócese de Tui e Vigo, que elaboren un presuposto dos gastos para eliminar ditas inscricións nas fachadas das igrexas.
Que eliminen os símbolos da ditadura fascista nas fachadas das casas baratas Sta. Tecla e Bº do Pote.

Ningún comentario:

Publicar un comentario