O MpDC demanda ao concelleiro de Deportes do Grove ante o escandaloso silenzo administrativo que profesa

Renato Núñez / O Grove
O Movemento polos Dereitos Civís vén de interpór unha demanda ao concelleiro de Deportes do Concello do Grove contra a presunta desestimación por silenzo administrativo do recurso presentado polo Club Piragüismo Ogrobe por ter o Concello dado de baixa o Club no Redim. O MpDC deu este novo paso dado que a dita baixa non se axusta a dereito e vendo, unha vez máis, o desleixo co que actúa o consistorio.Desde o Movemento queremos recordar que José Alfredo Bea García, ademais de ser o concelleiro de Deportes do Concello do Grove, é tamén presidente do comité técnico da Federación Española de Piragüismo e é o presidente do clube de piragüismo Breogán, clube rival do Club Piragüismo Ogrobe.
O concelleiro é o responsable da irregular orde de dar baixa no REDIM ao Club Piragüismo Ogrobe e da expulsión do mesmo do pavillón municipal de deportes náuticos da localidade. A asociación leva inscrita no REDIM desde o 1997 e cada ano realizando cumpridamente os trámites necesarios para a súa renovación no mesmo sen ningún problema. A implicación persoal que ten o concelleiro co mundo do piragüismo fai sospeitar de cales poden ser as razóns reais do acoso que está a sufrir o Club Piragüismo Ogrobe, que dende fai un ano e por mor de todos estes incidentes está a ver como os seus deportistas non poden gozar dun bo adestramento.O Movemento non pode entender como pode caer tan baixo o concelleiro de Deportes chegando ao punto de non responder a ningún dos recursos interpostos pola asociación logo dos abusos infrinxidos pola institución contra o Club Piragüismo Ogrobe.Lonxe de intentar solucionar os agravios acometidos, o consistorio dá a calada por resposta nun intento de fuxir da legalidade. Non se pode permitir que o concello non retifique e se poida chegar a pechar o caso sen facer xustiza por un silenzo administrativo máis que intencionado. Toda a suma de irregularidades e faltas de respeto cometidas polo Alfredo Bea saen á luz logo do inxente traballo dunha asociación como é o Movemento polos Dereitos Civís que, loitando contra estas prácticas ilegais, procura que a cidadanía vexa respetados os seus dereitos á vista da incompetencia e da desidida da administración.
Ademais a asesoría xurídica do colectivo indica que o Alfredo Bea tamén vulnera sistematicamente o principio de boa fe, polo que dúas partes teñen unha fe recíproca en que cada unha delas fai ben o seu cometido. A dita presunción destrúese cando existe proba en contrario, como é neste suposto que a Concellería de Deportes esixe documentación ao recorrente que non é precisa para a súa renovación no Rexistro de Entidades de Interese Municipal (REDIM).Entre outros, o principio de igualdade ante a lei tamén é vulnerado polo municipio grovense, pois o Concello non está actuando en posición de igualdade co Club Piragüismo Ogrobe coma co resto de asociacións ou de clubes, intentando esta administración local en todo momento danar a imaxe do recorrente.O Club Piragüismo Ogrobe tamén recibiu a orde de abandonar o pavillón municipal de deportes náuticos da localidade, por parte do conserxe do recinto. Por mor destes feitos os membros do Club Piragüismo Ogrobe víronse obrigados a transportar diariamente as embarcacións nos vehículos xerando unha situación de incertidume para os deportistas e de tensión nos adestramentos.O MpDC quere lembrar que se trata de deportistas considerados de "alto nivel", que deben gozar de especial protección por parte da Administración e aclara tamén que estes deportistas viron mermada a súa preparación cara a participar nun campionato do mundo no mes de setembro, circunstancia tamén coñecida por Alfredo Bea pola súa condición de presidente do comité técnico da Federación Española de Piragüismo.Por todo isto, o Movemento polos Dereitos Civís solicita novamente a nulidade de pleno dereito da resolución do Concello do Grove onde se acorda dar de baixa no Redim ao Club Piragüismo Ogrobe e se dicte resolución na que se acorde que o clube pode continuar inscrito no dito rexistro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario