Flor Baena pide a Zapatero que anule os xuízos inxustos do Franquismo como fixo Alemaña en 2005 cos do nazismo
Recollida de sinaturas en http://www.pantallapartida.es/septiembredel75/
Flor Baena / Vigo
“Escríbolle en relación co xuízo inxusto e a execución de Xosé Humberto Baena Alonso que foi obxecto dun xuízo inxusto sumarísimo, torturado e executado o 27 de setembro de 1975”. Así comeza a carta modelo ao presidente do goberno que calquera persoa pode asinar na web do documental sobre o caso http://www.pantallapartida.es/septiembredel75/, premiado na Semana Internacional de Cine de Valladolid e que foi estreado en Vigo en novembro de 2009. ”O meu irmán sempre reclamou a súa inocencia e quero limpar o seu nome. Foi executado por un crime que non cometeu e reclamo Verdade, Xustiza e Reparación”, declarou Flor Baena, irmá de Xosé Humberto Baena. Flor recorreu sen éxito ante o Tribunal Supremo e o Constitucional. “O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos en Estrasburgo deunos coa porta nos narices porque en 1975 España aínda non asinara o Convenio Europeo de Dereitos Humanos. Agora estamos preparando un recurso ante a ONU, pero non será necesario se o goberno aproba unha Lei que anule os xuízos inxustos do Franquismo. Se Alemania fíxo en 2005, por que non o pode facer España?”, pregúntase Flor Baena
Pena de morte: O paradoxo e a “excepción” española
Flor Baena acolle con satisfacción que o goberno español promova a suspensión universal das execucións, unha medida anunciada en 2008 por Zapatero, pero sinala a incoherencia de facer isto sen ter “feito os deberes” en casa. “Non entendo como mentres ocupa a presidencia semestral da Unión Europea e promove os dereitos humanos en todo o mundo, esquece ás vítimas de graves violacións de dereitos humanos cometidas en España”. Flor reclama “coherencia” ao goberno de Zapatero e que dea Verdade, Xustiza e Reparación ás vítimas do Franquismo e a Guerra Civil española, unha “asignatura pendente”.
“A Lei de Memoria Histórica de 2007, aínda que conta con algúns aspectos positivos, non saldou a débeda pendente do Estado coas vítimas de graves violacións de dereitos humanos como torturas, desaparicións ou execucións extraxudiciais”, sinalou Flor Baena. Esta Lei permite recorrer ante o Tribunal Supremo as sentenzas "ilexítimas" dunha serie de tribunais ditadas contra as persoas sometidas a xuízos inxustos. “Con todo, á miña familia déixaa na incerteza, porque xa fixemos ese periplo xudicial sen éxito ante o Supremo e o Constitucional. A Lei de Memoria Histórica non nos deu unha solución, esqueceunos”. É un caso único entre as vítimas dos xuízos inxustos do Franquismo, que seguen loitando para conseguir verdade, xustiza e reparación. “Todas as vítimas e as súas familias necesitamos pechar feridas profundas pero, para pasar páxina, primeiro hai que lela”, reclamou Flor Baena.
A Resolución 2005/35 da Comisión de Dereitos Humanos da ONU establece o dereito a unha reparación integral, que inclúa os elementos de restitución, indemnización, rehabilitación, garantías de non repetición e satisfacción, incluída unha declaración oficial ou xudicial que restableza a súa reputación, dignidade e dereitos, así como unha desculpa pública que inclúa o recoñecemento dos feitos e a aceptación de responsabilidades. Por iso, a campaña de cartas reclama dúas medidas ao presidente Zapatero, que:
1.- Estableza unha “Comisión da Verdade”, como noutros países, que catalogue as violacións e abusos cometidos contra os dereitos humanos segundo o dereito internacional, de forma que a Fiscalía Xeral do Estado revise e anule, no seu caso, e de oficio, os xuízos inxustos.
2.- Anule os xuízos inxustos do Franquismo mediante unha lei específica, tal como fixo Alemaña en 2005 cos xuízos do nazismo.
Calquera persoa pode apoiar a campaña enviado un correo electrónico ao presidente do goberno á dirección jlrzapatero@presidencia.gob.es

Ningún comentario:
Publicar un comentario