A DEPUTACION PROVINCIAL, CON EURONA TELECOM, IMPULSA O PROXECTO PARA MELLORAR E ASEGURAR O ACCESO A INTERNET

A Deputación Provincial de Ourense adxudica o novo servizo para renovar o sistema de conectividade con garantía de ancho de banda, calidade de A tecnoloxía WiMAX, que permite o acceso a Internet servizo e soporte técnico. nos lugares de máis difícil cobertura, e a conexión por vía satélite a través da tecnoloxía Tooway, son garantía de solvencia e calidade do proxecto de Eurona Telecom.
Infogauda / Ourense
Un total de 28 telecentros da provincia de Ourense quepresentaban dificultades e deficiencias técnicas na sua capacidade de acceso a Internet, dispoñen desde este mes de xaneiro da infraestructura e tecnoloxía mellorada coa conexión basada na nova tecnoloxía bidireccional vía satélite para o acceso a internet, que desplegou aoperadora eurona telecom.A Deputación Provincial promoveu e impulsou a renovación de toda a red co obxectivo de mellorar as prestaciós e atender as necesidades dos usuarios en termos de ancho de banda,calidade de servicio –con disponibilidade de acceso 24 horas o día- e soporte técnico dun Centro de Operacións.WiMAX e ToowayEurona telecom provee servizos coa tecnoloxía das redes WiMAX desplegadas. O Worlwide Interoperability Microwave Access (WiMAX) é o sistema de acceso de nova xeracion, quepermite desplegar redes de telecomunicacións de banda larga vía radio, de gran alcance e capacidade.No caso extremo de que algún cidadan ou empresa precisara dos servicios de Banda Larga e non tivera cobertura, eurona telecom facilita tamén a conexión a Internet por satélite a través da tecnoloxía Tooway distribuida en Europa a través de Eutelsat.Eurona telecom é un operador global e independente que desde fai nove anos acumula experiencia e desenvolve proxectos que contribúen a reducir a brecha dixital no entorno rural, superando barreiras tecnolóxicas e aportando solucións de conectividade á medida. A operadora traballa coa vocación de facilitar a conectividade e o acceso ás Tecnoloxías da Información a tódolos cidadáns, con independencia de onde vivan, “este é o noso proxectoempresarial, pero é tamén un reto social compartido con tódalas administracións”, di o seu conselleiro delegado, Jaume Sanpera.Telecentros de 28 concellos de Ourense:A Teixeira, Lobeira, Ramirás, A Mezquita, Manzaneda, Rubiá,A Veiga, Muiños, San Amaro, Boborás, O Bolo, Toén,Calvos de Randín, O Irixo, Vilamarín, Carballeda de Avia, Os Blancos, Vilardevós, Castrelo do Val, Parada de Sil, Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, Porqueira, Xunqueira de Espadañedo, Entrimo, Quintela de Leirado,Laza e Rairiz de Veiga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario