28 de xan. de 2010

GALICIA

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA OS DESPEDIMENTOS EN GAMESA E RECLAMA UNHA INTERVENCIÓN DA ALCALDÍA DAS SOMOZAS A PROL DAS E DOS TRABALLADORES


EU RECLAMA UNHA ACTUACIÓN PRONTA E DECIDIDA DA INSPECCIÓN DE TRABALLO PARA ATALLAR A CONTRATACIÓN TEMPORAL EN FRAUDE DE LEI

ESQUERDA UNIDA AMOSA A SÚA SOLIDARIEDADE CO CADRO DE PERSOAL DE GAMESA E EN PARTICULAR COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESPEDIDAS

Esquerda Unida denuncia a situación que se está vivir na empresa Gamesa Innovation & Technology, situación caracterizada pola brutal redución de cadro de persoal e pola realidade inaceptable da existencia de contratación eventual en fraude de lei.

Así pois, a Redución do cadro de persoal nun 40% non se xustifica cunha redución inferior a un tercio da produción (de 31 palas semanais a 22). O que para Esquerda Unida supón un nidio incremento da carga de traballo por empregado/a. O aluvión de despedimentos e ataques aos dereitos dos traballadores e traballadoras semella contraditoria cos beneficios obtidos pola empresa o ano pasado, cas axudas públicas recibidas e pola perspectiva positiva do sector.

Esquerda Unida reclama da Inspección de Traballo que actúe con urxencia para facer real as demandas das e dos traballadores que están a ser despedidos sen atender as esixencias legais. A realidade deste días é que xa foron despedidos todos os traballadores con contrato temporal. Malia que boa parte dos mesmos estaban asinados en fraude de lei, como recolle o requirimento da Inspección de Traballo, para que transforme en indefinidos os contratos temporais que carecen de causa válida ou que superasen o período máximo de duración establecido legalmente, tras comprobar que hai traballadores vencellados á empresa en virtude dunha sucesión de contratos de duración terminada por períodos prolongados de tempo sen que conste a sustantividade da obra identificada ao respecto da actividade propia da empresa.

EU quere denunciar a pasividade cómplice da alcaldía das Somozas, que resta nun silenzo obxectivamente cómplice coa empresa, toda vez que non fai nada na defensa das e dos traballadores da empresa.

Esquerda Unida entende indispensable unha actitude inflexible dos poderes públicos coas empresas que se aproveitan das axudas públicas, sufragadas cos cartos de todas e todos, para en troques incorrer en fraude de lei e en deslocalizacións das súas producións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario