ENTREGA DOS XVI PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO
Infogauda / Ourense
O acto terá lugar mañá, venres, día 11 de decembro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural da Deputación de Ourense (rúa Progreso, 30 - Ourense). Os premios están convocados polo Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, e coa colaboración da Secretaría Xeral de Medios e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Asistirán o secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, o secretario xeral de Política Lingüística, o vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, o presidente da Deputación de Ourense, o alcalde de Ourense, así como directivos de empresas de publicidade e das entidades e Institucións premiadas.
O Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, coa colaboración da Secretaria Xeral de Medios e aecretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca a XVI Edición dos Premios de Publicidade en Galego, que ten como principal obxectivo fomentar a creatividade e a utilización do galego en todos os ámbitos da vida.A esta XVI Edición dos Premios de Publicidade en Galego, presentáronse máis de 100 traballos nas tres modalidades: Internet, radio e televisión. Os premiados recibirán unhas estatuíñas en bronce, orixinais do prestixioso artista ourensán Ramón Conde.A grande cantidade de traballos recibidos amosa o compromiso deste Consello e de tódolos os seus compoñentes, tanto os actuais como os que nos precederon, coa nosa lingua e coa súa progresiva presenza nos medios de comunicación.Estes premios xurdiron no seu día coa vontade de contribuír, aínda que sexa dun xeito modesto, á difusión da nosa lingua nun eido tan esquecido ás veces a hora dos recoñecementos públicos como é o da publicidade.Con estes premios tentamos por unha banda facer unha chamada ás institucións, empresarios e creativos para que aposten pola produción e emisión de anuncios en galego, e por outra recoñecer o traballo de todos aqueles profesionais que día a día fan o esforzo intelectual de captar a nosa atención.Ao acto de entrega dos premios asistirán o secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro Durán, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo Suárez, o presidente do Consello Asesor da CRTVG e da RTVE-G, Xosé Miguel Alonso Boó; os conselleiros deste órgano; o presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, que actúa por primeira vez como anfitrión deste acto. Taménacudirán ao acto, o vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, José Manuel Baltar Blanco, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez Fernández, e directores de empresas de publicidade, representantes dos anunciantes, etc.

Ningún comentario:
Publicar un comentario