O BNG propón incluír a praza de abastos no Fondo Estatal de Investimento Local 2.010.
O BNG considera esta obra como unha actuación destinada a promocionar á actividade económica non só da praza de abastos se non da zona que a rodea pola dinámica comercial que xenera
BNG / A Guarda
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, anunciou diante dos representantes e comerciantes da praza de abastos a proposta da forza nacionalista de incluír a remodelación da praza de abastos da Guarda no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local 2.010.
O Fondo Estatal 2.010 contempla unha inversión para o concello da Guarda de 1.124.749 €. Dentro das obras que se poden que se poden financiar están aquelas destinadas á promoción da actividade económica.
Para o BNG, o pequeno e mediano comercio ten unha función social importantísima, é unha das principais fontes xeradoras de emprego no país e axuda a fixar poboación tanto nas vilas como no rural, sendo as prazas un exemplo de puntos de dinamización e vertebración do comercio.
Os comerciantes da Praza de Abastos da Guarda son conscientes da necesidade dunhas instalacións acordes coa realidade actual, onde o pequeno e mediano comercio ten que competir con criterios de calidade, en instalacións modernas e que cumpran todos os requisitos que a lei e os consumidores esixen.
O BNG considera esta obra como unha actuación destinada a promocionar á actividade económica que vai máis aló da propio recinto da praza, dado que a zona que a rodea veríase beneficiada pola dinámica comercial que xenera.
Os comerciantes amosaron o seu apoio á iniciativa presentada polo BNG para o ser incluída dentro do Fondo de Investimento Local 2.010 para o Concello da Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario