10 de dec. de 2009

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL RECIBE O PREMIO POLA SÚA VITORIA NA SECCIÓN ESPECIAL DO IX CERTAME DE BANDAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


Jesús González recibe o talón de mans do vicepresidente da Deputación.

Representantes do Concello e da Agrupación rosalesas con José Juan Durán.

Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O mércores 9 decembro tivo lugar na Casa do Concello a entrega do primeiro premio de 4.200 euros outorgado á Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal correspondente á súa formidable vitoria na sección especial do IX Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra celebrado a comezos do mes de outubro.
O encargado de realizar a dita entrega foi José Juan Durán, vicepresidente e deputado delegado de Cultura da entidade provincial, quen estivo acompañado neste acto polo alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela e a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo.
Representando á Agrupación Musical do Rosal atopábanse nesta xuntanza o seu presidente Jesús González Álvarez, o director da Banda Diego J. Lorente López así como Olalla Álvarez González e Iván Diego Martínez, dous dos seus activos compoñentes.
O vicepresidente da Deputación lembrou a boa actuación da banda rosalesa nese IX Certame, recoñecía a súa calidade e tradición dentro do “panorama galego musical” á vez que a felicitaba e lle auguraba moitos máis éxitos para o inminente futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario