9 de dec. de 2009

GALICIA

Presentación da programación cultural conxunta de Caixanova e o Xacobeo para o primeiro semestre do 2010

· O conselleiro, na presentación da programación cultural
Foto: Xoán Crespo

Infogauda / Galicia
A presentación cultural conxunta contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, acompañados polo xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos e o subdirector xeral de Caixanova e director das Obras Sociais, Guillermo Brea.
Máis de sesenta actividades que abranguen as máis variadas manifestacións das artes: exposicións, teatro, danza, música de raíz, lírica, etc., conforman un programa de alta calidade.
Roberto Varela agradeceu a “resposta entusiasta das grandes firmas do noso país” na preparación do Xacobeo 2010, que pemitiu duplicar no último mes a cantidade captada mediante patrocinios privados ata alcanzar os 12 millóns de euros.
A Xunta lamenta a inconcreción da maioría dos asuntos que se abordarán na Conferencia de Presidentes
Galicia bota en falla que se traten na reunión temas fundamentais para a comunidade como o financiamento autonómico.

Hoxe saen publicadas no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras para o ano 2010 das axudas á apicultura
A contía destas axudas ascende a un total de 353.732 euros.
Esta liña está cofinanciada polo Feaga, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario