Amnistía pide ao Parlamento e a Concellos de Galicia que presionen a EE.UU. e China para que ratifiquen os dous principais tratados internacionais de dereitos humanos
A organización recollerá sinaturas en A Coruña ás 20:00 horas no Cantón Grande, na zona do Obelisco

Vigo / A Coruña
Co gallo do día internacional dos dereitos humanos, Amnistía internacional mobilízase hoxe xoves en máis de 30 cidades de España como A Coruña (a partir das 20.00 h. no Cantón Grande, na zona do Obelisco), Barcelona, Bilbao, Palma de Mallorca e Tenerife para recoller adhesións coas que esixir a Estados Unidos e a China que ratifiquen dous dos principais tratados de dereitos humanos. Esta acción está enmarcada na campaña “O poder da túa sinatura”, tamén accesible en www.actuaconamnistia.org e á cal se pode sumar a cidadanía.
O obxectivo da campaña é que Estados Unidos ratifique o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e China ratifique o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. Ámbolos dous países asinaron estes Pactos nos anos 90, pero aínda non os ratificaron e non están obligados legalmente a cumprir as súas disposicións. “A ratificación destes Pactos suporía melloras en dereitos como a saúde, a vivenda e a educación para a poboación estadounidense e un claro avance no respecto aos dereitos humanos en China, ademais de ser un importante exemplo para outros países, dada a súa influencia e liderado”, segundo Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional en Galicia, para quen “Os principais dirixentes dos dous estados máis poderosos do mundo teñen a autoridade e a responsabilidade de gobernar desde o respecto aos dereitos humanos e predicar co exemplo. Non é posible querer liderar o mundo sen respectar os dereitos humanos”.
Todos os dereitos humanos son indivisibles e interdependentes. Dereitos humanos son tanto os civís e políticos, como o dereito á liberdade de expresión, a non sufrir tortura e a ter un xuízo xusto, como os económicos, sociais e culturais que recoñecen o dereito de todas as persoas a obter alimentos e auga, asistencia médica básica, educación e vivenda, ou gozar dun nivel de vida axeitado. As violacións dos dereitos económicos, sociais e culturais a miúdo están relacionadas con violacións dos dereitos civís e políticos en forma de negacións reiteradas.
O papel do Parlamento e os Concellos de Galicia
“A finais de novembro, pedimos ao Parlamento e a diversos Concellos de Galicia como os de Vigo, Lugo e Pontevedra que aproben declaracións institucionais ou mocións solicitando aos gobernos de Estados Unidos e China que ratifiquen os dous principais tratados internacionais de dereitos humanos”, declarou Estévez, “Os dereitos humanos son básicos para o desenvolvemento e a convivencia e para iso cómpre o compromiso dos dous países máis poderosos do mundo e a mobilización da sociedade, incluídas as institucións galegas”.
En Estados Unidos, o país máis rico do mundo, a discriminación condena a millóns de persoas á pobreza e á marxinalidade. Sucesivos gobernos negaron que a saúde ou a vivenda sexan verdadeiros dereitos humanos. Malia que o goberno actual deu pasos positivos para garantir o acceso á saúde dunha parte da poboación, Estados Unidos é un dos seis países que aínda non ratificou o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais das Nacións Unidas.
No outro extremo, China restrinxe a liberdade de expresión. O goberno controla os medios de comunicación e Internet. A persecución de activistas políticos e pacifistas está á orde do día e os abusos da policía adoitan quedar impunes. Cada ano, milleiros de persoas son condenadas a morte e executadas. De feito, China é un dos sete países que aínda non é Estado parte do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.
Violacións de dereitos Económicos, Sociais e Culturais en Estados Unidos
A ONU criticou as disparidades no goce do dereito a unha vivenda axeitada, a iguais oportunidades de educación e ao acceso á saúde pública e privada en Estados Unidos. O Comité de Dereitos Humanos da ONU destacou que ao redor do 50% das persoas sen fogar son afroamericanas, malia que son só o 12% da poboación. Tamén lle alarmaba a segregación racial de feito que se produce nas escolas públicas e as grandes desigualdades por mor da raza en materia de saúde sexual e reprodutiva, en particular índices de mortalidade infantil e materna máis elevados entre nenos e mulleres pertencentes a minorías nacionais, étnicas e raciais, sobre todo afroamericanos, un gran número de embarazos non desexados e unha proporción máis elevada de abortos entre mulleres afroamericanas. A taxa de mortalidade materna entre as mulleres afroamericanas é tres veces superior á das mulleres brancas. Ademais, máis de 46 millóns de persoas non teñen seguro médico e é moi frecuente que as persoas pospoñan un tratamento ou non busquen asistencia médica debido ao custo que isto supón.
A ONU criticou a elevada taxa de encarceramento dunha parte considerable da poboación afroamericana, hispánica e árabe pola súa marxinación socioeconómica e a discriminación na prestación de socorro e asistencia de emerxencia logo do Furacán Katrina. Os pobres, e en particular os afroamericanos, foron desfavorecidos nos plans de rescate e evacuación e de reconstrución. É un paradoxo que no país máis rico da Terra sexa onde se dean situacións de extrema pobreza no seu territorio e que desempeñase un papel crucial na adopción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que recoñece a igual importancia de todos os dereitos humanos: civís, políticos, económicos, sociais e culturais e que isto non se reflicta na súa política actual. A Amnistía Internacional tamén lle preocupan cuestións como “Guerra contra o terror” ou a pena de morte.
Violacións de dereitos Civís e Político sen China

China leva a cabo o 70% de todas as execucións que se producen no mundo cada ano. En 2008, polo menos 1.718 persoas foron executadas e 7.003 foron condenadas a morte en xuízos que violan as normas internacionais, sen asistencia letrada dende os primeiros momentos de detención, coa falla de presunción de inocencia, inxerencias políticas durante o proceso ou a aceptación de confesións realizadas baixo tortura. Na actualidade, a pena capital segue a ser aplicada a 68 delitos como o atraco, a violación e o asasinato e delitos económicos como fraude fiscal e malversación e delitos relacionados coas drogas.
A organización preocúpalle o emprego habitual por parte da policía chinesa de formas de detención sen xuízo como a “reeducación polo traballo” e a “rehabilitación forzosa polas drogas”, que permiten á policía enviar a persoas a centros de reeducación por períodos de ata catro anos, sen supervisión xudicial, privando aos detidos do dereito a un xuízo xusto, á asistencia letrada e á presunción de inocencia. Entre 300.000 e 500.000 persoas están actualmente internadas en centros de reeducación.
Malia que no ano 2007 se introduciu unha nova normativa encamiñada a aumentar a liberdade dos periodistas estranxeiros, moitos foron detidos e mesmo agredidos. As minorías étnicas, como ocorreu recentemente no Tíbet en marzo de 2008 e en xullo pasado en Xinjiang. A tortura e outros malos tratos son prácticas xeralizadas.
Sen atención internacional, existe o perigo de que os defensores de dereitos humanos se vexan sometidos a un acoso aínda maior, como os avogados que intentan defender ás persoas detidas durante os disturbios de marzo de 2008 no Tíbet, ou os que representan aos familiares dos nenos mortos no terremoto de Sichuan. Os activistas traballan con temas de VIH/SIDA, Hepatite B ou outras enfermidades son vítimas deste acoso. Ademais, preocupa a situación na que viven millóns de traballadores migrantes internos que participan no desenvolvemento económico de China, fóra do sistema de asistencia médica e de educación estatal, que viven en terribles condicións de amoreamento e vense expostas sistematicamente a algunhas condicións laborais de maior explotación. Calcúlase que entre 150 e 200 millóns de traballadores rurais se desprazaron a cidades chinesas en busca de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario