29 de out. de 2009

OURENSE

CHEO NO CENTRO CULTURAL PARA COÑECER OURENSE DE NOITE


O Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación encheuse na noite de onte para asistir ao acto de presentación do libro “Boas noites, Ourense”, un traballo fotográfico que percorre os diferentes lugares da cidade para retratalos de noite, captando unha sensación diferente, dunha cidade en silenzo, en calma, serena.

Infogauda / Ourense
O acto estivo presidido polo titular da Deputación, José Luis Baltar; polo responsable de Teófilo Edificións, José Luis Teófilo, e polo director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, a quen irán destinados a meirande parte dos beneficios desta edición.O Presidente da Deputación loubou o labor social de Proxecto Home e tamén o valor da nosa cidade como resultado de séculos de esforzo de tódolos ourensáns.Estas son as palabras do titular da Deputación:“Para a Deputación é un pracer poder participar neste proxecto que hoxe culmina co libro que lles presentamos, porque nel conflúen varios elementos de carácter positivo, tanto no eido social como cultural.O primeiro é que con este proxecto todos contribuimos a unha ONG que leva anos traballando con rigor, eficiencia e responsabilidade entre nós. Trátase de Proxecto Home Galicia, aquí representada polo seu máximo responsable e para quen van a ir destinados a meirande parte dos beneficios desta iniciativa. Sabemos todos que será diñeiro ben invertido e seguro que servirá para producir froitos de futuro nese encomiable labor de axuda e apoio na loita contra as adiccións.O segundo dos elementos a salientar é o elemento cultural. Este é un libro artístico, un libro que busca contaxiarnos dende a primeira mirada e busca contaxiarnos e facernos cómplices, nada máis e nada menos, que da nosa cidade.Ofrécenos un Ourense que durme plácidamente, que descansa coas luces da noite, que se sume no silencio para ensinarnos unha cara oculta da que é a nosa cidade.E sirve, tamén, para ofrecernos un elemento de difusión, de divulgación e de promoción dun Ourense cheo de lugares fermosos, cheo de recunchos sorpendentes, onde a historia do noso casco vello convive armonicamente con elementos contemporáneos coma os edificios universitarios ou a nova ponte.Este singular edificio do Centro Cultural da Deputación que hoxe nos acolle ilumínase na noite, nesta noite especialmente cálida, para renderlle tamén un humilde tributo a tódolos ourensáns, porque a cidade que nos acolle é froito do traballo, do desvelo e da contribución que os homes e mulleres da nosa cidade foron realizando ao longo de tantos séculos.Ourense é poatrimonio dos ourensáns. Por eso, Boas noites Ourense é un tributo á ourensanía, unha ourensanía que hoxe compartimos con tódolos que nos acompañan neste acto marcado por un carácter especial de intimidade.Moitas gracias a todos vostedes por acompañarnos, por estar hoxe aquí, atendendo a chamada da Deputación de Ourense e agardo que difruten co exemplar que recibirán ao salir desta sala, que gocen coa súa contemplación e que presuman da cidade que temos.Esta cidade é mérito de todos vostedes. Moitas gracias”.
José Luis Teófilo e Ramón Gómez agradeceron a axuda da Deputación para sacar adiante este proxecto e felicitaronse mutuamente polos resultados desta colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario