
O Centro Cultural da Deputación acolleu a presentación da publicación, cualificada por César Taboada coma "un instrumento para que o noso arte trascenda fronteiras".
Infogauda / Ourense
A Escola de Arte Antonio Faílde presentou hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense o seu anuario, unha publicación promovida polos propios alumnos e docentes da escola para dar a coñecer os traballos de creación artística que se desenvolven no seo do centro formativo. Un centenar de alumnos, profesores e público en xeral arroupou a presentación desta publicación que foi definida polo director da escola, César Taboada, coma "un instrumento que permitirá que o noso arte trascenda fronteiras". Estamos a vivir unha época na que o produto é importante - engadiu- pero case tanto como iso coa promoción, o marketing que se fai para que a obra sexa coñecida, e vaia máis alá do noso ámbito local para achegarse ao mundo globalizado". O anuario da Escola Antonio Failde e unha publicación onde se bordan asuntos coma o deseño de interiores, deseño gráfico, fotografía, ilustración, arte, percepción e intercambios da escola. O titulo do anuario deste ano é FAN, en alusión a Failde, Antonio, e tamén rememora conceptos coma "divertido" e "afeizoado ao arte", segundo explicou Daniel Vila, deseñador da revista. Vila dixo que o argumento que une todos os capítulos coa mente dun creador do que saen todas as ideas en diferentes cores, un creador que está espido e que súa pose a súa capacidade creativa". Pola súa banda, Manuel Seoane, vicedirector da escola, afirmou que o anuario nace con vocación de continuidade para dinamizar a labor que fai a escola, "pero tamén quixemos abrila á sociedade para que todo o ámbito cultural e artístico de Ourense poida participar". Neste senso, o profesor de Deseño Gráfico Xosé Manuel González explicou que a revista "servirá de escaparate de presentación dos traballos dos alumnos para axencias de publicidade e deseño gráfico e estudios de arquitectura. Está editada en galego co obxectivo de potenciar e promover o uso do noso idioma porque cremos que no arte tamén ten que estar presente a nosa lingua". Profesores e alumnos coincidiron en afirmar que "FAN é unha publicación nacida dende a fondo da creatividade e do consenso artístico, pois é froito dunha selección de proxectos que se presentaron para editar o anuario, e que ao final foi seleccionado pola súa calidade, maquetación, navegación intuitiva e contido dos artigos, que, sen dúbida, contribuirá a promocionar a obra dos alumnos da escola tanto no ámbito empresarial, económico como social de Ourense, Galicia e en todo o mundo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario