TABOADELA HOMENAXEA A RECAREDO PAZ O SÁBADO

O concello ourensán de Taboadela renderá un sentido homenaxe a un dos seus fillos máis queridos, o que fora Presidente de Aixiña, Recaredo Paz, recentemente falecido.
Infogauda / Taboadela
Recaredo Paz naceu no pobo de Pumar, no concello de Taboadela, e o vindeiro sábado, día 31 de outubro, ás 16:30 horas, o concello d aralle o seu nome á praza desta localidade, descubrindo tamén unha placa conmemorativa a carón da que fora a súa casa.Os actos estarán presididos polo alcalde da localidade, Manuel Gallego Vila. Tamén está prevista a presenza de familiares do homenaxeado e doutras autoridades, coma o Presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar.Con esta homenaxe, o concello de Taboadela tenta recoñecer a título póstumo o intenso labor social realizado por un home que conseguíu un gran consenso social a prol dunha obra que foi a súa vida: Aixiña.Recaredo Paz tamén foi nomeado recentemente “Fillo Predilecto da Provincia de Ourense” por parte da Deputación provincial, distinción que tamén se concedeu ó artista Xaime Quessada, ambos a título póstumo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario