26 de out. de 2009

OURENSE

AS FOTOGRAFÍAS DE OURENSE DE NOITE




“Boas Noites Ourense” é o título dun libro de fotografías que recolle os lugares máis significativos da cidade de Ourense vistos dende unha perspectiva nocturna e que será presentado o mércores, día 28 de outubro, no Centro Cultural da Deputación, ás 20:30 horas.
Infogauda / Ourense

Este libro está editado por “Teóf ilo edicións” e a Deputación colabora nesta iniciativa cun obxectivo de carácter social: adquirir exemplares para que os beneficios desta edición revirtan sobre a ong “Proxecto Home Galicia”.Este libro ofrécenos unha perspectiva diferente da cidade, unha cidade en calma, en silencio, sin coches nin xente, coas súas luces e as súas rúas en plena serenidade. Unha visión distinta e chea de plasticidade.O acto de presentación pública desta edición contará coa presenza de Ramón Gómez Crespo, Director de Proxecto Home Galicia; José Luis Teófilo Piñeiro, Xerente de Teófilo Edicións, e o presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar.A presentación deste novo libro estará acompañada dunha breve intervención musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario