1 de out. de 2009

A GUARDA

A Asociación de Comerciantes Ábaco considera satisfactoria a reunión celebrada no Concello sobre a Praza de Abastos


Infogauda / A Guarda
A traverso dunha nota de prensa remesada a este xornal dixital, a Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco califica de "satisfactoria a reunión celebrada o pasado martes na Casa do Concello de A Guarda".
Segundo informa Ábaco "nesta reunión entre membros do goberno municipal, comerciantes da plaza de abastos municipal de A Guarda e representantes de asociacións de comerciantes tratáronse temas sobre a vital importancia que para A Guarda tén a posible remodelación e reconversion da plaza de abastos.
Despois de varias conclusións chegouse ó acordo de que a mellor ubicación sea a actual".

Ningún comentario:

Publicar un comentario