BALTAR ANUNCIA QUE A XUNTA RETOMARÁ O PLANO ESTRATÉXICO DE OURENSE
O Presidente da Deputación desvelou hoxe que a Xunta de Galicia decidiu retomar o Plano Estratéxico de Ourense para abordar a súa situación e acometer diversas das medidas propostas neste estudio realizado no seu día por iniciativa da Deputación provincial de Ourense.
Infogauda / Ourense
Baltar Pumar indicou que a Xunta de Galicia realizará próximamente un consello deliberante en Lugo, onde acordará a realización dun Plano Estratégico para esta provincia do interior. Dado que a provincia de Ourense xa dispón deste documento, financiado no seu día pola Deputación de Ourense, a Xunta retomará as súas propostas e conclusións e, nun consello a celebrar en Ourense, adoptará xa as primiras medidas ao respecto.O Presidente da Deputación amosouse especialmente esperanzado polos resultados desta iniciativa, pois o Plano Estratéxico de Ourense nunca conseguira un financiamento expreso por parte das administracións públicas con capacidade para afrontar as grandes infraestructuras e accións estructurais que propuña (Comunidade Auónoma e Goberno central).Baltar dixo que esperaba que no consello a celebrar en Ourense xa se falase de cantidades e prazos. Tamén indicou que técnicos da Deputación (Inorde) e da consellería de Presidencia estaban revisando e actualizando o contido do documento realizado no seu día.

Ningún comentario:
Publicar un comentario