HOXE EMPEZOU UN CURSO DE CONTROL POLICIAL DA LEGALIDADE URBANÍSTICA E MAÑÁ UN DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO
O Centro Cultural da Deputación acolle dende esta tarde o desenvolvemento dun curso de Control Policial da Legalidade Urbanística, a desenvolver por iniciativa da Deputación e coa colaboración da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Mañá, martes, día 29 de outubro, empeza un de procedemento administrativo nas entidades locais.
Infogauda / Ourense
O curso de control da legalidade urbanística desenvolverase os días 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro de 2009 e está destinado básicamente a persoal das entidades locais da provincia pertencentes aos corpos de Policía Local, así coma outros membros das forzas e corpos de seguridade. Entre os docentes participará o Secretario Xeral da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro Gosende; o Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia, Hipólito Pérez Novo, ou o Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Antonio Roma Valdés.O horario do curso será de 16:30 a 21:30 horas.O curso básico de procedemento administrativo empeza o día 29 de setembro e alongarase ate mediados de outubro. Está destinado a traballadores da administración local que interveñen na tramitación de expedientes administrativos.Ambos cursos, promovidos polo departamento de Formación da Deputación, terán lugar no Centro Cultural da Deputación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario