Un total de 41 comerciantes de Xinzo e Verín acolléronse ás axudas para a posta en funcionamento, mellora ou ampliación de comercios
Infogauda / Ourense
Un total de 41 comerciantes de Xinzo e Verín acolléronse ás axudas da Deputación de Ourense para a mellora dos seus establecementos comerciais ou a posta en funcionamento de instalacións de nova creación, no marco das actuacións contempladas no Proxecto ARRAIANO de desenvolvemento rural e urbano das comarcas da Limia e Monterrei.
As actuacións, enmarcadas no Proxecto ARRAIANO, teñen como obxectivo a adecuación, rehabilitación ou primeira instalación de comercios e talleres artesanais, e buscan fomentar a creación de emprego.Nun principio, o importe total destinado para a convocatoria do ano 2009 para estas axudas no marco do Proxecto ARRAIANO por parte da Deputación de Ourense ascendeu a 120.000 euros. A boa acollida destas axudas por parte do pequeno comercio local fixo que a Deputación convoque, neste mesmo ano 2009, unha nova oferta de axudas encamiñadas a apoiar ó comercio de proximidade, e que manteña o compromiso doutra convocatoria no ano 2010.Estas axudas supoñen un impulso e un refrendo da Deputación para potenciar o comercio de proximidade, e así seguir creando riqueza e mellorando o emprego nestas comarcas.En concreto, esta liña de acción do Proxecto ARRAIANO enmárcase no apartado de promoción económica, e contempla a creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e a mellora das infraestruturas e servizos locais.O Proxecto ARRAIANO (Desenvolvemento Local e Urbano nas comarcas da Limia e Monterrei) esta cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), mediante as axudas contempladas no Eixe 5 da convocatoria do ano 2007.
Ningún comentario:
Publicar un comentario