BUCIÑOS EXPÓN NO CENTRO CULTURA DENDE O DÍA 1
O Centro Cultural da Deputación ofrecerá dende o vindeiro día 1 de outubro unha ampla selección da obra dun dos nosos escultores máis senlleiros, Manuel Buciños.
Infogauda / Ourense
O escultor, asentado en Ourense dende a década dos anos sesenta, traerá o recinto cultural da Deputación unha ampla representación da súa obra escultórica máis representativa, con pezas de diferentes épocas e con presenza de diferente materiais. Prima, como nil ó habitual, o bronce, pero tamén hai traballos que combinan pedra con bronce e madeiras, obras de grande e pequeno formato que permitirán coñecer mellor o seu xeito de traballar.
A Deputación provincial, con tal motivo, editou un catálogo, no que se inclúe, ademais, toda a súa obra monumental, con presenza en toda a xeografía galega.
O catálogo, con fotografías de Mani Moretón, inclúe tamén un relato inédito escrito para a ocasión polo escritor ourensán José María Pérez Alvarez "Chesi" e un segundo texto sobre a súa obra pública cargo de Francisco Pablos.
A exposición inaugurarase o día 1 de outubro, ás 20:15 horas, e poderá visitarse ate o día 1 de novembro, na pranta baixa do Centro Cultural (Progreso, 30).
A exposición está producida pola Deputación de Ourense, a través do seu Centro Cultural, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Fundación Caixa Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
Ningún comentario:
Publicar un comentario