Lucía Molares destaca a riqueza e o potencial turístico que ten o roteiro da Senda da Auga para Vigo e a súa área de influencia

A delegada territorial da Xunta en Vigo percorreu os doce quilómetros que separan Vigo e Redondela acompañando aos peregrinos do proxecto Stellae que estes días realizan o Camiño Portugués pola costa
Os concellos de A Guarda, Oia, Nigrán, Baiona e Vigo, pasarán a formar parte, por primeira vez, dun Camiño de Santiago recoñecido.
Infogauda / Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, percorreu esta mañá o roteiro coñecido coma Senda da Auga, que discurre entre os montes de Vigo e Redondela, acompañando aos xóvenes do programa europeo Stellae, un plan xuvenil de intercambio financiado con fondos europeos no que participan 42 xóvenes de entre 18 e 25 anos de idade procedentes de España, Portugal, Austria, Italia, Alemania, Francia e Bélxica para percorrer o Camiño de Santiago dende Viana do Castelo e que, ao chegar ao límite con Galicia, decidiron realizar a súa peregrinaxe a través dun percorrido alternativo pola costa e que hoxe os levou por este recentemente inaugurado roteiro.
Molares, que quiso sumarse á iniciativa da Fundación Camiño de Santiago, percorreu os doce quilómetros da ruta entre Vigo e Redondela que os peregrinos europeos tiñan programada. Así, partiron ás 9.00 horas de Teis para poñer rumbo a Redondela pola coñecida Senda da Auga, un magnífico corredor verde que segue o antigo trazado das conduccións de augas entre a presa de Eiras e Vigo. Na saída tamén participou o alcalde, Abel Caballero, e varios concelleiros da cidade olívica así coma membros da Federación Veciñal, entre eles, a súa presidenta Elena González. Unha vez chegados a Redondela, a delegación territorial da Xunta en Vigo convidou ao grupo de peregrinos a un avituallamento no centro sociocomunitario da Vila dos Viaductos e a delegada territorial valorou “moi positivamente” a iniciativa da asociación. Así, aínda que recoñeceu que “tardamos máis do previsto” –foron máis de tres horas de camiñata-, non dudou en recomendar o roteiro xa que, como dixo, “é unha forma magnífica de disfrutar da paisaxe e de aproveitar turísticamente a riqueza de Vigo e a súa área de influencia”.
A delegada territorial considerou ademais que, ao sumarse hoxe a esta ruta do proxecto Stellae, móstrase así o apoio da Xunta de Galicia ao turismo de Vigo e comarca que, ademais, vese reforzado polo anuncio que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, fixo na súa visita institucional a Vigo e polo que incluía ao Camiño Portugués pola costa como un dos Camiños de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2010. Desta forma, os concellos de A Guarda, Oia, Nigrán, Baiona, Vigo e Redondela pasarán a formar parte, por primeira vez, dun Camiño de Santiago recoñecido.
Neste senso, Molares subraiou que a iniciativa europea “é unha forma de promocionar un Camiño Portugués pola costa e serve para poñernos en marcha e para que o recoñecemento desta ruta sexa unha realidade de cara á celebración do Xacobeo 2010”. Para iso, a delegada territorial iniciará a próxima semana unha rolda de reunións coas asociacións e sectores implicados que, no seu momento, decidiron impulsar a recuperación e recoñecemento do Camiño Portugués pola costa co fin último de que a ruta se promocione de cara ao próximo Ano Santo.
Por último, para rematar a xornada, Lucía Molares e o grupo de peregrinos achegáronse ata o Concello de Redondela, onde o alcalde da vila, Xaime Rei, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Eduardo Reguera, os recibiu no salón de plenos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario