JOSÉ MARÍA SILVA VICENTE RECIBIU UNHA EMOTIVA HOMENAXE POR TODA UNHA VIDA ADICADA O FÚTBOL

Infogauda / A Guarda
Promovido por un grupo de ex-xogadores do Sporting Guardés, ás 17:00 h. do domingo día 2 deste mes de agosto, tivo lugar no Campo Municipal de A Sangriña, unha homenaxe a todo un cabaleiro do deporte rei, que ademáis de haber xogado en varios equipos da contorna (Coruto, San Lorenzo, Gimnástico Deportivo Miño, Deportivo Guardés,...), foi un recoñecido adestrador que dirixiu a U.D. Ribera, o Figueiró, o Tomiño, F.C. , o Guillarei , o Caselas e o Sporting Guardés, equipo éste onde acadou importantes éxitos deportivos. Referímonos a José María Silva Vicente. Un home traballador que ademáis da súa actividade laboral nunha centenaria empresa do termo municipal de A Guarda, adicou gran parte da súa vida a práctica do fútbol, inculcándolle o afección a seu fillo José Manuel Silva Vicente - que ademáis foi directivo do Sporting Guardés en varias tempadas - e a seu neto Manuel, que xogou en varios equipos profesionais españois.
Acompañado por súa dona Teresa Vicente Vicente, José María Silva Vicente entrou no Campo Municipal de A Sangriña, na compaña de seu neto Manuel Vicente Portela e dos ex-xogadores guardesistas Berto e Rodri.
Deseguido José María e súa dona entraron no terreo de xogo, saudando a tódolos ex-xogadores que lle fixeron un pasillo de honra, para dirixirse o centro do campo. Desde ese lugar terían lugar as diferentes intervencións. Falou en primeiro lugar Berto Franco Lomba, quen salientou os méritos de José María que motivaron esta merecida homenaxe. Deseguido fixo uso da palabra Nito Videira Barcia - un dos co- organizadores da homanaxe - que entre outras cousas propuxo que a data do primeiro sábado de agosto sexa un referente para que en vindeiros anos voltemos a atoparnos todos.
Despois correspondíalle seu turno de intervención a José María Silva Vicente, que levou preparadas unhas verbas de agradecemento, que a petición propia, serían lidas por Manuel José Fernández Gómez (Machote).
Nesa intervención houbo lembranzas de agarimo deica as persoas (Agustín Franco, Manolo Peña, Ángel Goyás, Manolo Portela, Rogelio e José Antonio Vicente, Antonio Cividanes, Eliseo Berridy, Antonio Martínez Vicente, ....) que fai máis de 50 anos fundaron o Sporting Guardés.
Tamén foron lembrados tres ex - presidentes de aquela época, xa falecidos: Rufino Silva Martínez, Raimundo Lomba González e Manuel Díaz González "Ligero".
Da súa época de adestrador, José María relembrou os gardarredes Quique, Carlos e Andrés; e os xogadores Luís Cadilla, David Pérez, Nemesio Vaquero, Peitiños, Canina e Manolo Xaraiba, que xa faleceron, e para os que pregou un forte aplauso.
Asemade tivo unha sinceira lembranza de agradecemento para os directivos, xogadores e siareiros dos demáis equipos (Ribera, Figueiró, Tomiño, Guillarei e Caselas) que adestrou, polo seu comportamento sempre correcto con él.
Nas verbas de José María houbo tamén agradecemento para tódolos xogadores guardesistas, decindo que todos eles, sen excepción, llo puxeron moi dodado, porque son unhas excelentes persoas e sempre controu co seu apoio e compresión.
"(...) Os éxitos que tivemos xuntos, non foron meus senón do equipo representábamos e que vós, co voso esforzo e saber facer, metendo sempre un gol máis que o contraio, conquerimos acadar aqueles campionatos (...)".
José María tamén tivo verbas de agradecemento para a afición guardesista e para as persoas que levan o Fútbol Infantil na Guarda, porque sen ese traballo desinteresado cos nenos, moitos deles en lugar de practicar fútbol igoal estarían facendo outras cousas que en nada beneficiarían súa saúde. O veterano adestrador relembrou os ex - xogadores que adestran os equipos: Alameda, A Guía e San Queitano, ademáis de que eses nenos serán os futuros xogadores deste clube.
Finalmente, quixo ter "(...) un recoñecemento especial para súa esposa Teresa, porque somenetes ela sabe de tódolos sinsabores que ún pasa cando os resultados, que é o que manda no mundo do fútbol, non son favorables e a cantidade de noites que se pasan sen dormir tendo que acudir o día seguinte a traballar a Cerámica Lomba. Grazas a Deus o balanzo dos éxitos foi máis positivo que negativo (...)".
A intervención de Manuel José Fernández, en nome de José María Silva Vicente, remataría con un agradecemento xeral.
A continuación viría o intre dos agasallos. Luis Alberto Franco fíxolle entrega a José María dunha metopa de bronce coa escudo do Sporting Guardés.
Rodri Pacheco, en nome dos xogadores, afición e técnicos, entregoulle un trofeo conmemorativo, en sinal de agradecemento a José María.
Víctor Lomba, en representación da actual directiva do Sp. Guardés, tamén lle entregou un agasallo a José María.
Logo de asinar, tanto él como súa dona, como previamente xa o fixeran tódolos ex - xogadores que acudiron a esta homenaxe, José María efectou o saque de honra, dirixíndose a continuación con Teresa deica a tribuna, onde lle agardaban varios familiares.
Logo das fotografías de tódolos ex - xogadores presentes, daría escomenzo un encontro de fútbol que foi dirixido polo colexiado Sevilla.
Rematado o partido, foi servido un refrixerio, dando así por rematado unha fermosa homenaxe que ademáis de recoñecer a labor de toda uinha vida adicada o deporte, de José María Silva Vicente, tamén foi un feliz reencontro de moitas persoas que compartiron moitos adestramentos e moitas xornadas de competición ligueira polos campos de xogos de Galicia.
Noraboa a José María Silva Vicente e a súa apreciada familia e noraboa tamén, ós organizadores desta homenaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario