II CONCERTO CORAL FESTAS DO MONTE SANTA TREGA
Agrupación Coral Polifónica de A Guarda
Foto: Manel Martínez
Infogauda / A Guarda
O vindeiro venres día 7 de agosto, ás 20:30 h. no Auditorio de San Benito, de A Guarda, terá lugar o II CONCERTO CORAL FESTAS DO MONTE SANTA TREGA.
No evento - que está orgaizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, coa colaboura da Federación Coral Galega - FECOGA e a Comisión Festas do Monte Santa Trega -, participarán ás seguintes corais:
- Coral Polifónica do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas
- Coral Polifónica Val do Avia, de Leiro (Ourense)
- Agrupación Coral Polifónica de A Guarda
Compre salientar que este concerto - que será presentado por Diana Español González - forma parte dos actos conmemorativos do XXV Aniversario da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario