UN TEMPO PARA RECORDAR
Exposición de fotos antigas
Infogauda / Pedornes
O Centro Cultural de Pedornes, no termo municipal de Oia, acolle até o vindeiro venres día 7 deeste mes de agosto, unha moi interesante exposición de fotos antigas da autgoría de Isidro Pérez González (Foto París).
Na mostra pódense ollar imaxes fotográficas de actos sociais, festas padroeiras e tradicionais, acontecimentos familiares,..., constituíndo unha magnífica oportunidade para que as persoas interesadas poidan acceder a fotografías que xa semellaban perdidas para sempre, e que grazas o traballo de Isidro Pérez, podemos voltar a disfroitalas.
A exposición pode visitarse a partires das 5 da tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario