O Ferri-Boat Santa Rita de Cássia, de novo no "carro"
Infogauda / Camposancos
"O ferry-boat Santa Rita de Cássia é um meio de transporte da Câmara de Caminha que assegura as travessias diárias entre Caminha e A Guarda". Iso é o que "informa" - cando máis ben acontece o contrario, alomenos neste asunto concreto - na súa web a Câmara Municipal de Caminha. A realidade é ben diferente. O ferri está no "carro" dos Asteleiros Joaquín Castro desde fai uns días. Máis ninguén dixo nada. Debe ser que como Caminha e A Guarda están en festas, non é preciso informar puntualmente a cidadanía. En Infogauda temos a firme convicción, de que as administracións municipais respectivas, deberan informar dese feito, a traverso de tódolos medios de comunicación para evitar no posible os quebrantos que se lles ocasiona as tódalas persoas que somentes cando chegan a estación marítima - esa é outra!!! - da Pasaxe, é cando saben que o ferri Santa Rita de Cássia está temporalmente fora de servicio.
De tódolos xeitos, a Câmara Municipal de Caminha non dubida en "informar" na devandita web, nos seguintes termos:
"Sempre que o tráfego o justifique o ferry-boat funciona ininterruptamente, bem como o respectivo horário pode prolongar-se".
Paradóxicamente a Câmara Municipal de Caminha non se digna informar na súa páxina web que o ferri-boat está en dique seco. E o Concello de A Guarda, para non ser menos, tampoco o fai na súa. Como se dí coloquialmente, éche o que hai!!!
Paradóxicamente a Câmara Municipal de Caminha non se digna informar na súa páxina web que o ferri-boat está en dique seco. E o Concello de A Guarda, para non ser menos, tampoco o fai na súa. Como se dí coloquialmente, éche o que hai!!!
Que cada ún tire súas própias concrusións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario