23 de xul. de 2009

O ROSAL

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA, VISITOU A FEIRA DO VIÑO DO ROSAL



Informa: Departamento de Cultura e Turismo
Concello do Rosal
Fotografías: Juan Ramón Martínez Barbosa
O pasado sábado 18 de xullo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo visitou – de maneira particular e non institucional - a vila de O Rosal (Pontevedra) con motivo da XVII Feira do Viño.
Feijóo estivo acompañado en todo momento polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o alcalde rosaleiro Jesús María Fernández Portela e o director da Feira, Ángel Suárez Vicente.
O presidente da Xunta achegouse ata O Rosal neste día festivo e realizou un percorrido polos stands das adegas da D. O. Rías Baixas así como polas diferentes exposicións de pintura, macramé ou filatelia que se ofertaban dende a Concellaría de Cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario