A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior lembra que continúa activa a alerta amarela por choivas en toda a comunidade, polo que recomenda extremar as medidas de protección

Aínda que se mantén o nivel de alerta amarelo, as precipitacións poderán ser puntualmente intensas a partir das 18 horas de hoxe nas provincias de Pontevedra, sur de Lugo, sur da Coruña e oeste de Ourense
Este departamento insiste na necesidade de extremar as medidas de protección na zona de maior influencia deste fenómeno meteorolóxico adverso, onde tamén se desaconsella a realización de actividades ao aire libre
Un campamento de 100 rapaces tivo que ser desaloxado na localidade ourensá de Entrimo por mor das choivas
Infogauda / Galicia
Santiago, 22 de xullo de 2009.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza lembra que continúa activa a alerta amarela por choivas en toda a comunidade galega e recomenda á cidadanía extremar as medidas de protección como suspender as actividades ao aire libre, sobre todo na área de maior influencia deste episodio adverso, e informarse sobre o estado das estradas antes de realizar calquera tipo de desprazamento. Segundo as previsións do centro territorial da Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia, as precipitacións poderán ser puntualmente intensas a partir das 18 horas de hoxe nas provincias de Pontevedra, sur de Lugo, sur da Coruña e oeste de Ourense. Cómpre lembrar que nas provincias atlánticas acadaranse os 60 milímetros cúbicos en 12 horas, mentres que en Ourense e Lugo situaranse arredor dos 40. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior insiste en que, se ben a alerta amarela se corresponde cun nivel de risco baixo, isto é, que non afecta á totalidade da poboación, adquire especial importancia debido ao carácter excepcional do fenómeno nesta época do ano.
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou dende as 0 horas ata esta mañá un total de 159 incidencias relacionadas nalgúns casos con bolsas de auga nas estradas, pequenos anegamentos en vivendas, baixos comerciais e garaxes, caída de árbores e desprendementos de terra e pedras de escasa consideración. Tamén se rexistrou un alto número de accidentes de tráfico, algún deles de gravidade, como foi unha colisión entre un autobús e un furgón na localidade pontevedresa de Vilagarcía e na que resultou falecida unha muller. Igualmente, se atenderon incidentes de consideración en Lugo e no municipio ourensán de Melón, onde dous camións se saíron da vía e foron necesarios os equipos de excarcelación para a liberación de ámbolos dous condutores.
Ademais, en Entrimo, Ourense, foi necesario desaloxar a 100 nenos concentrados nun campamento na parroquia de Galez a causa do anegamento das súas tendas de campaña e algunhas instalacións comúns situadas en devandito recinto. Os rapaces teñen entre 8 e 20 anos e todos se atopan en perfecto estado. Os técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia coordinaron co Concello de Entrimo, a garda civil e membros do GRUMIR do concello de Lobios o traslado dos cativos ata o Colexio Público do municipio, onde permanecerán ata que as condicións meteorolóxicas lles permitan volver ao seu campamento.
Cómpre lembrar que, durante a xornada de onte, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, enviou información detallada sobre o episodio de meteoroloxía adversa por choiva a todos os concellos de Galicia, aos organismos das administracións provinciais, autonómicas e estatais, aos servizos provinciais de emerxencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, aos parques de bombeiros, aos axentes da Policía Local de todos os concellos da Comunidade autónoma e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario