Éxito total na presentación do libro “Os muiños do Folón e do Picón na vila do Rosal Conxunto histórico-etnográfico de Galicia”, de Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa
Infogauda / O Rosal
Reportaxe gráfico: Ruth Martínez
O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e o Alcalde do Concello do Rosal, flanqueados polos autores do libro
Rafael Louzán Abal expresou súa ledicia e satisfacción por esta nova obra que foi editada pola Deputación de Pontevedra
O aforo do Auditorio Municipal do Rosal rexistrou unha formidable afluencia de veciños do Rosal
Tamén asistiron deputados provinciais, o alcalde de Tui, concelleiros de A Guarda, Oia, Ponteareas, O Rosal e Tomiño.
Entre o público tamén notamos a presenza de persoas de varios concellos veciños, mesmo de Baiona, e incruso de Madrid, así como membros de diversas asociacións culturais do Baixo Miño.
Ángeles Vicente Manzano, Concelleira de Turismo do Rosal observa como Juan Ramón Martínez Barbosa lle adica un exemplar do libro
Logo de remata-la presentación, cada asistente recibiu un exemplar do libro que viña de ser presentado, o que motivou que os co-autores da obra asinaran numerosos exemplares
Moitas persoas achegáronse a Juan Bautista Martínez González (Xoán do Tamuxe) e a Juan Ramón Martínez Barbosa para felicita-los polo fermoso froito da súa labor de investigación
Os co-autores do libro, tiveron tarefa dabondo asinando exemplares da coidada publicación que ademáis de aportar moitos datos históricos sobor dese formidable patrimonio que constitúe o conxunto etnográfico dos Muiños do Folón e do Picón é un importante emblema do Concello do Rosal
Un dos intres do acto da presentación do libro
Luisa, Caíno Vasconcellos Cabral (pintor de Baiona), e Andrés Sampedro (Concelleiro de Cultura de Ponteareas), agardando que os autores do libro lles asinen seus exemplaresMary, Sergio e Jorge, con cadanseu libro nas súas máns, ben poderían representar a mocidade que asistiu a este gratísimo acto cultural
Ningún comentario:
Publicar un comentario