O BNG do Rosal defende a gratuidade dos libros de texto

Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal ven de presentar diante do rexistro do concello unha moción na que se insta á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.
Na moción, que previsiblemente será tratada no pleno que se celebrará o vindeiro xoves día 23, a formación nacionalista, segundo afirmou a Infogauda, Alberte Alonso Pereira, Responsábel Local do BNG, rexeita que unha das primeiras medidas que pon en marcha o goberno do PP sexa a de apoiar os recortes sociais. Dende o BNG lembran que o dereito a unha educación obrigatoria e gratuíta é unha das conquistas socias mais relevantes das sociedades desenvolvidas, nomeadamente no contexto europeo e a pretendida progresividade do modelo de axudas proposto polo PP atenta contra o dereito a unha educación obrigatoria e gratuíta.
“Se os libros de texto son imprescindíbeis para o normal desenvolvemento das actividades lectivas, pero se estabelecen diferenzas entre o alumnado con dereito a libros e os alumnos ou alumnas ás que se lle nega ese dereito, québrase o principio de universalidade e gratuidade” afirman.
A proposta do PP é o equivalente a que na etapa obrigatoria se estabelezan taxas de matrícula para os alumnos ou alumnas de familias que superen os 5.400 euros de renda anual bruta per cápita, mentres para o resto sería gratuíta; ou, cambiando de ámbito, que por exemplo na sanidade as familias que superen os 5.400 euros per capita tivesen que pagar unha cantidade por cada consulta medica.
“Xa sabemos que o PP nunca foi partidario de sistemas igualitarios, o que pretende o PP é estabelecer o copago na educación obrigatoria.”
Engaden que esta medida non pode ser á resposta do Goberno galego aos problemas económicos na actual situación. Nun contexto económico precario, o Goberno debe manter a gratuidade dos libros de texto para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política que soamente vai favorecer a uns poucos.
Así mesmo lembran que a decisión de eliminar a gratuidade dos libros de textos non foi consultada aos pais e as nais que son os que finalmente van ter que facer o desembolso económico, nada desprezábel, cando chegue o mes de setembro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario