O GRUPO IMPÁS EXPÓN NA SALA DO CONCELLO DO ROSAL
Infogauda / O Rosal
O Grupo Impás, que fundou a artista Alicia Alonso Fernández, abre este venres 17 de xullo de 2009, unha mostra de pintura na sala de exposicións do Concello de O Rosal.
Integrado por persoas de ambos os dous sexos, o Grupo Impás vén desenvolvendo desde 1990 unha intensa labor creadora e expositiva, froito de un traballo continuado, a carón de Alicia Alonso, que é a ialma mater deste suxerente colectivo.
Integrado por persoas de ambos os dous sexos, o Grupo Impás vén desenvolvendo desde 1990 unha intensa labor creadora e expositiva, froito de un traballo continuado, a carón de Alicia Alonso, que é a ialma mater deste suxerente colectivo.
O Grupo Impás é, sen lugar a dúbidas, todo un referente nas artes plásticas do Baixo Miño, xa que ademáis de cáseque dúas décadas de actividade continuada, seus compoñentes - formado maioritariamente por mulleres - teñen exposto en varias vilas da contorna.
Óleos, debuxos a carbón, acrílicos, acuarelas, pasteis, plumillas, ..., son, entre outras, as técnicas que empregan nas súas creacións.
Os resultados son moi atractivos, o que vén a demostrar que o que quer, tén posibilidades de demostrar co paso do tempo, o artista que todos/as levamos dentro do noso ser. Tan soio é necesario pórse en acción, e se pode ser, achegarse a quen sabe seu oficio e ademáis transmíteo a tódalas persoas que están preto de sí.
Na exposición que o Grupo Impás presenta no Concello do Rosal, participan ás seguintes persoas: Pilar López, Charo Trigo, Alicia Martínez, Carmen Baz, Esmeralda Martínez, Luisa Jácome, Lucía Martínez, Isabel Antón, Mary Otero, Ignacio Martínez, Sergio Santiago, Pilar Baz, Carmen María Rodríguez, Julia Martínez, Fini Mauri e Begoña González.
A exposición poderá visitarse até o día 26 deste mes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario