16 de xul. de 2009

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

PREVISIÓNS INFORMATIVAS - VENRES, 17 DE XULLO DE 2009


Infogauda / Pontevedra
11,15 horas
O presidente, Rafael Louzán, e o vicepresidente, José Juan Durán, reciben á Banda Sinfónica da Deputación de Tarragona que ofrece unha serie de concertos en localidades da provincia. No Salón de Plenos do Pazo Provincial.

11,30 horas
Rafael Louzán recibe a Eliseo Permuy Soto e Luis Miguel Garnil Rielo, dous deportistas do Club Keltoi, de Vila de Cruces, varias veces campións de España de Loita Libre, que participarán no Campionato do Mundo junior que se celebrará en Turquía do 4 ó 9 de agosto. No Pazo Provincial.

12 horas
Louzán fai entrega das axudas establecidas ós 36 clubes de fútbol da provincia de Pontevedra que participaron na III Copa Deputación. No Pazo Provincial.

13 horas
Louzán e Durán asisten á inauguración da VIII Exaltación da Vieira, na Casa do Concello, en Cambados.

13 horas
A vicepresidenta Teresa Pedrosa participa, xunto a empresarios e membros do sector forestal, no acto de adhesión á campaña "O monte é a nosa vida" que terá lugar nunha carpa situada nos xardins do entorno do Pazo Provincial (As Palmeras).

20 horas
O presidente, Rafael Louzán, asiste á inauguración da Festa do Viño do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario