18 de xul. de 2009

TOMIÑO / VILANOVA DE CERVEIRA

O DÚO NIKOUALA PRESENTAN UN FILME-CONCERTO PARA PÓR O BROCHE NA XORNADA DO SÁBADO DO FILMINHO
Aquele Querido Mes de Agosto deixou pegada o venres no auditorio de Cerveira
En Goián proxectarase o sábado Dies Dei, do camposino Nani Matos, curtametraxe rodada na Guarda



Luis Galvao Teles
Infogauda / Tomiño / V. N. de Cerveira
Aquele Querido Mes de Agosto, o filme de Miguel Gomes que pechou a sesión de venres 17 do Filminho-Festa do Cinema Galego e Portugués espertou un gran interese e expectación. O público que se achegou ao auditorio de Vila Nova de Cerveira meteuse na historia propia do mes do verán, de amor e música.

A xornada comezou pola mañá co pase de Tanyaradzwa, o último filme de Alberte Pagán, unha obra valente e experimental que fai reflexionar ao espectador sobre os seus prexuízos.


Fotograma de "Dies Dei", de Nani Matos
Música e cine daranse a man con Nikouala o sábado 18

A programación para o sábado 18 volverá a ser de entrada libre e a comezará pola tarde, no auditorio de Goián.

Entre os documentais, curtas de ficción e animacións que se amosarán, os habitantes do Baixo Miño poderán ver en pantalla grande algunhas rúas ben coñecidas, pois proxectarase Dies Dei, do camposino Nani Matos, que gravouse na Guarda.


O programa de serán no recinto goianés pecharase con tres obras de Edgar Pera, o cineasta luso obxecto dunha retrospectiva neste Filminho.

Deste autor tamén é A Janela (Marialva´s Mix), a longametraxe que se proxectará, xa de noite, no auditorio de Cerveira. Antes dela será o turno para dúas curtas de animación.

Nikouala é un dúo portugués que utilizan diversas formas de comunicación (vídeo, fotografía, gravación ao vivo...) para faceren filmes-concertos. Untitled # VNC é unha versión do seu primeiro traballo, estreado en Barcelos, concebida exclusivamente para o Filminho. Será un concerto onde se mistura a música en directo coa proxección de vídeo, ademais de contar coa colaboración do saxofonista Guilherme Bogas e a participación do grupo Sment.

PROGRAMA DO SÁBADO 18
Auditorio de Goián
17:00 (hora galega)
Soldadiño de Chumbo, Virginia Curiá e Tomás Conde (ANIMACIÓN, 12’)
A Viaxe, José González Varela (FICCIÓN, 16’)
O Clube dos Sen Teito, Claudia Brenlla (DOCUMENTAL, 55’)
A Meio da Noite, Fernando José Saraiva (ANIMACIÓN, 16’)
Paraíso, Daniel D. García (FIC, 18’)
19:00
El Justiciero, Tiago Sousa (FIC, 27’)
Dies Dei, Nani Matos (FIC, 18’)
Auto do Cordeiro, Pedro Rocha Nogueira (FIC, 15’)
Na Distancia, Victor Hugo Seoane (FIC, 27’)
RETROSPECTIVA EDGAR PÊRA
Who is the Master Who Makes the Grass Green? (DOC, 7’)
Arquitectura de Peso (DOC, 25’)
Crime Abismo Azul Remorso Físico (DOC, 15’)

Auditorio de Cerveira
23:00 (hora galega)
The Tile-Jail Toillet Tale, João Rodrigues, Soetkin Verstegen (ANI, 5’)
Passeio de Domingo, José Miguel Ribeiro (ANI, 20’)
RETROSPECTIVA EDGAR PÊRA
A Janela (Marialva’s Mix) (FIC, 104’)
01:00
Filme-Concerto NIKOUALA – Untitled # VNC

Ningún comentario:

Publicar un comentario