10 de xul. de 2009

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL CONVOCA DÚAS PRAZAS DE PERSOAL



Na páxina 33 do Boletín Oficial de Pontevedra, nº 129, correspondente o mércores día 8 de xullo de 2009, figura o seguinte anuncio:



O ROSAL

A N U N C I O

Mediante resolución da Alcaldía de data 26 de xuño de 2009 acordouse aproba-las bases e a convocatoria para cubrir dúas prazas de persoal para a impartición dos módulos transversais do curso AFD de Carpinteiro, en concreto o módulo de prevención de Riscos Laborais e o módulo de Formación para a Igualdade, mediante a contratación laboral de carácter temporal a tempo parcial.
Pola presente ábrese un prazo de 7 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio neste Boletín Oficial, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do concello.


O Rosal, 26 de xuño de 2009.

O Alcalde, Jesús Mª Fernández Portela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario