XIEIRO ROCK
X EDICIÓN
Infogauda / A Guarda
O Festival Xieiro Rock xa está eiquí. Será o vindeiro sábado día 1 de agosto, ás 23:00 h. na Estación de Autobuses de A Guarda.
Cando o festival acada súa X edición, os grupos que actuarán son os seguintes:
* Mala Ratxa
Punk – Rock, desde Galicia
* La Vaga Banda
Ska - Punk – Reggae, desde Galicia
* Post Mortem
Punk – Rock, desde Galicia
* Triburbana
Punk – Rock, desde Castela - A Mancha
Lembramos que nesta ocasión, o concerto non será no vello Campo de Chans (Monte Santa Trega), senón na Estación de Autobuses. Qué algúns non sabedes onde está? Pois moi doado. En lugar de subir para o Trega, tedes que continuar en dirección a Camposancos, e a uns 200 metros atoparedes o lugar do evento.
As entradas son a 5 euros.
Haberá barra a prezos populares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario