27 de xul. de 2009

A GUARDA

GRANDES FESTAS NA HONRA DE SAN QUEITANO


Infogauda / A Guarda


O barrio guardés de A Cruzada, xa tén todo a punto para a celebración das festas na honra de San Queitano, avogado da Providencia.
O programa de festas escomenzará este venres día 31 de xullo, ás 12 do mediodía, con unha salva de bombas de palenque. Deseguido, o Grupo de Gaitas Os Pelouros, percorrerá ás rúas da Cruzada, anunciando o escomenzo das festas.
Pola noite, no recinto do santuario haberá unha grande verbena amenizada polos Grupos Naranja e Atalaya.
O sábado día 1 de agosto, o Grupo de Gaitas Os Pelouros percorrerá novamente ás rúas do barrio.
Pola noite, segunda gran verbena amenizada polos Grupos Arena e Talismán.
E o domingo, 2 de agosto, a partires das 10:00 da mañá, fará súa entrada a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.
Pola tarde, desde ás 18:00 h., pasarrúas a cárrego da Charanga Big - Ban. Posteriormente, a partires das 19:00 h., escomenzarán as tradicionais poxas e o remate das mesmas, nova actuación da Charanga Big-Ban.
ACTOS RELIXIOSOS
No que respecta os actos relixiosos, compre salientar que o domingo día 2 de agosto, ás 11:30 h. terá lugar a misa solemne, con sermón e procesión, acompañada pola Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda. A denvandita eucarístia será cantada polo Corol Parroquial de A Guarda. Asemade, o venres día 7 de agosto, ás 21:00 h. celebrarase unha misa rezada na honra do santo.
LIBRO-PROGRAMA
Asemade, queremos salientar que a Comisión de Festas editou un libro-programa no que figuran ás colabouras de: Aida Lomba Márquez, Juan Domínguez Fontela, Antonio Martínez Vicente, Carmiña de Leza, Carmen Vicente, Flori, Margarita, Lourdes Peniza, Ricardo Rodríguez Vicente, Mari C., Celso R. Fariñas, Juan Carlos (Rofrán),M. C., Raquel Vicente Verde e Juan Louzán.
Tamén hai unha ampla mostra fotográfica na sección "O Barrio e a súa Xente", na que as imaxes amosánnos a moitos veciños de onte e de hoxe, e véñennos á lembranza da convivencia coa xente da Cruzada no traballo e tamén nos días de festa.
Hai tamén fotografías que nos evocan o deporte futbolístico do barrio de A Cruzada, nos anos 30 do pasado século, representado polo equipo F. C. Cruzada, formado por personaxes míticos como: Gaiteiro o Coruto, Antolín Regaderas, Pepe (Tus ojos), Manolo (Palanqueta), Chalala, Manolo (Matuta), Telino, Toniño (Troya), Salmerón, e Enrique (Lampanas).
E por suposto, e con todo merecimento, dúas fotografías do F. C. San Caietano, Campeón de Liga 2008-2009, Campeón de Copa e do Torneo de Fútbol 7, promovidos polo Comité de Fútbol de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario