25 de xul. de 2009

A GUARDA

III FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA "VILA DE A GUARDA"


Infogauda / A Guarda
Organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, este sábado 25 de xullo (Día de Galicia), ás 20:30 h., no Auditorio San Bieito - en caso de adversidade climatolóxica será no patio cuberto do Colexio PP. Somascos -, da vila guardesa, celebrarase o III Festival de Bandas de Música "Vila de A Guarda".
O programa non pode ser máis interesante, xa que nesta edición participarán ás seguintes formacións: Agrupación Musical de Goián; Banda Sinfónica de Arroyo de la Encomienda (Valladolid); e Agrupación Musical de A Guarda.
O III Festival de Bandas de Música "Vila de A Guarda", escomenzará coa actuación da Agrupación Musical de Goián, dirixida por David Pérez Trigo, que interpretará “Pablo Barreiro”, de J. L. Represas; “Lord Tullamare”, de Carl Wittrok, e “El baile de Luis Alonso”, de G. Jiménez.
A continuación a Banda Sinfónica de Arroyo de la Encomienda, dirixida por Vicente Julio Perpiñá García, interpretará o pasodobre “La gracia de Dios”, de R. Roig; “The Beatles in concert”, con arranxos de Willy Hautvas; “Ribieren-cyclus, de A. Malando, e rematará súa actuación con “Anniversary marcha-cha”, de Jef Penders. No III Festival de Bandas de Música “Vila de A Guarda” a banda anfitriona, Agrupación Musical da Guarda, dirixida por Víctor Luís Alonso Treinta, interpretará o pasodobre “Benicadell”, de J. E. Canet Todolo; “Oregón”, de Jacob De Haan; “Mar i Bel”, de Ferrer Ferrán, actuando como solista María Rosario Conde González; “Happy Mallets”, de Harm Evers, intervindo como xilófono solista Julián Lomba Castro; rematando súa actuación a Agrupación Musical de A Guarda, ofrecendo o respetable “Noites de Lúa na Praia”, de Ernesto Campo. Intervirá como gaita solista, Sara Márquez Rodríguez.
O III Festival de Bandas de Música "Vila de A Guarda", rematará coa interpretación en conxunto, polas tres bandas de música, o pasodobre “Ponteareas”, de Reveriano Soutullo; e o Himno Galego, de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga. Estamos seguros que pola calidade musical das tres agrupacións participantes, o III Festival de Bandas de Música "Vila de A Guarda", vai ser todo un éxito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario