10 de xuño de 2009

REDONDELA

MERCADO SOLIDARIO NA FESTA DA COCA DE REDONDELA


O Mercado Solidario na Festa do Kiwi, en Tomiño o pasado mes de Maio

José Carlos González / Redondela


A partir de mañán xoves dia 11, e ata o domingo dia 14 permanecerá aberta a carpa do Mercado Solidario na Alameda de Redondela (moi cerquiña do Concello), en horario de 11 a 14 h. pola mañán e de 17 a 21 h. pola tarde.

O Mercado Solidario constituido inicialmente polas Asociacións do Baixo Miño: Avelaiña, Vontade e San Xerome, ampliou recentemente o seu radio de acción coa inclusión de 3 novas entidades: Alento (Dano cerebral, Vigo), Aceesca (Discapacidade intelectual, Porriño) e Cogami (Discapacidade física, Mos). Con estas incorporacións amplíase a gama de productos a venda, así como a maior capacidade organizativa para poder estar presentes en eventos fora da comarca do Baixo Miño.

A finais do mes de xullo está prevista a montaxe da carpa no Porto da Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario