O PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA, PAGOU 19.000,00 EUROS POLOS TRABALLOS E MATERIAIS DO TEITADO DUNHA VIVENDA CASTREXA DO MONTE SANTA TREGA

Infogauda / A Guarda
Fai uns días, neste mesmo xornal dixital, afirmábamos que as labores de teitado da vivenda castrexa que no seu día fora reconstruída pola Sociedade Pro-Monte Santa Trega, había suposto un desembolso de uns 18.000,00 euros. O indicar esa suma - a todas luces importante -, aínda nos quedamos curtos, circunstancia plenamente xustificada xa que os membros da Redacción de Infogauda non temos acceso a ningún tipo de documento municipal, non soio porque o grupo de goberno psoecialista, encabezado por José Manuel Domínguez Freitas, non tén a bén remesarnos información de ningún tipo - eles o perden -, senón porque a nosa labor informativa non está guiada por ningún grupo municipal con representación no Concello de A Guarda nin por ningún partido político ou organización extramunicipal.
Feita esa acraración - que algúns persoeiros municipais tal vez necesitaban -, temos que faer unha rectificación pública. Non foron uns 18.000,00 euros suma a pagar polo Padroado Municipal Monte Santa Trega, presidido polo alcalde de A Guarda. Foron 19.000,00 €. É decir, máis de 3 millóns das antigas pesetas!!!
Feita esa acraración, transcrebemos a nota de prensa que vén de remesar a Infogauda, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal no Concello de A Guarda, na que dí o seguinte:
ONDE ESTÁ O PRESUPOSTO E O PROXECTO DO TEITO DA VIVENDA CASTREXA?
Na xuntanza do Padroado Municipal "Monte Santa Trega" celebrada o pasado día 29 de maio, presentouse polo Sr. Alcalde unha Proposta de CRÉDITO EXTRAORDINARIO (Partida Orzamentaria 453.611.00) Reforma teito de Vivenda Castrexa por a cantidade de 19.000,oo € (DOZANOVE MIL EUROS) ou o que é o mesmo, MAIS DE TRES MILLONS DE PESETAS.
Por activa e por pasiva, solicitamos do Concelleiro de Patrimonio, que nos ensinara o Presuposto e o Proxecto de dita obra, pero as explicacións que nos deu non convenceron a nadie, e non presentou ningún papel.
Si ese é o custo, cántos millóns fan falla para rehabilitar todo o poblado? Seguramente non chega con tódolos cartos que tén o Concello e ainda dubido que cheguen os Presupostos Xerais da Xunta de Galicia para levalo a cabo.
Segúns manifestacións do Concelleiro, o Presuposto o fixo o Aparellador Municipal, pero nos non poidemos velo por ningunha parte. Ademais, cunha media destes precios, cánto custará facer o teito dunha vivenda normal? E tan caro o carballo e os xuncos ou a palla de centeo?
O mesmo debate déu no Pleno Ordinario do día 5 de xuño, e as contestacións tamén foron parecidas, sin que se presentara ningún documento nin ningunha xustificación para o custo deste traballo.
Quedamos a espera de saber a quen lle toca esta "regalía", SEGURO QUE NON A VAI FACER NINGUN CONSTRUCTOR DA ZONA.
A Guarda, a 10 de xuño do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario