9 de maio de 2009

A GUARDA

BASES DO II CERTAME DE MICRO-RELATOS DA GUARDA
Infogauda / A Guarda

BASES DE PARTICIPACIÓN
A Biblioteca Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización do concello da Guarda convocan o II CERTAME DE MICRO-RELATOS co fin de promover as Novas Tecnoloxías aplicadas á lectura.
1. Poderán participar persoas maiores de 16 anos en diante sempre que o relato estea escrito en galego, sexa inédito e non presentado noutros certames.
2. O tema será libre, cunha extensión máxima de 8 liñas escritas en fonte Times New Roman 12.
3. A presentación das obras se realizará do modo seguinte: remitiranse ao enderezo electrónico
microrelatosaguarda@gmail.com xunto cos datos persoais do autor/a (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico).
4. O prazo de presentación remata o día 27 de maio de 2009 ás 10 da mañá. Non se admitirán ás obras remitidas fóra de prazo.
5. Haberá dous premios, un outorgado polos internautas, que votarán a partires do día 28 de maio de 2009 no modo que se indicará no seu momento; outro premio será outorgado por un Xurado formado por persoas relacionadas coas letras. O Xurado poderá conceder un accésit.
6. Os premios poderán ser declarados desertos.
7. O fallo do xurado darase a coñecer a partires do día 2 de xuño de 2009.
8. O fallo de ámbolos dous premios será inapelábel.
9. Todas as obras presentadas quedan en poder dos organizadores, podendo publicalas no xeito que consideren conveniente, figurando sempre o nome do autor/a.
10. O premio consistirá na entrega dun lote de libros e diploma.
11. As persoas gañadoras do certame deberán recoller o seu premio no Centro Cultural o día e hora que lle comunique. No caso de non poderen asistir persoalmente por residiren fóra do Concello, o premio será enviado por correo.
12. A participación neste certame significa a aceptación total das bases.
13. Os traballos presentados quedarán publicados no blogue: www.conpoucaspalabras.blogspot.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario