http://www.concellodeoia.es/A VALGA ABRE A TEMPADA DOS CURROS
Este domingo, día 10 de maio, terá lugar na zoa de A Valga, en plena Serra da Groba, no concello de Oia (Pontevedra), o primeiro curro cabalar da tempada 2009. É a Rapa das Bestas, unha tradición que convoca a moitas persoas, maioritariamente das comarcas do Val Miñor e Baixo Miño, da provincia de Pontevedra. Moitas delas xa levan acampadas fai uns días preto do lugar onde terá lugar o encerro dos cabalos.
A Rapa das Bestas, é un rito ancestral que perdura a través dos tempos. En 1567 unha grande peste devastou a provincia de Pontevedra. Buscando protección contra a cruel enfermidade, dúas irmáns ofrecen dous cabalos da súa propiedade a San Lourenzo a cambio de auxilio. Unha vez pasado o perigo, as dúas mulleres cumpren a súa promesa e entregan os animais ao párroco da aldea. Esta parella de cabalos foise multiplicando polos montes pontevedreses ate que foi usual a presenza de cabalos en liberdade. Nacera a raza Cabalo Galego e a súa crianza trouxo a estas terras grandes beneficios económicos e tradición aínda hoxe vivas.
O Cabalo Galego vive en semiliberdade nos montes galegos. Unha vez ao ano as reses deben ser trasladadas aos curros (grandes corrais circulares) para, antes de proceder á súa venda, hixienizalos (cortándolles as crins) e marcar aos poldros co ferro da súa gandería. Tras este proceso, coñecido como rapa das bestas, parte do gando era vendido para a produción de carne ou as tarefas agrícolas e o resto voltaba aos montes. Coa chegada do mes de maio comezan as celebracións dos agardados curros, unha labor agropecuaria convertida hoxe nunha festa que cada ano atrae a un maior número de persoas a Galicia, chegados de calquera recuncho do globo. A ruta dos curros comeza o segundo domingo de maio na zoa da Valga, en plena Serra da Groba. que posúe un enorme atractivo para veciños e visitantes. A súa característica máis sobresaínte é o lugar onde se celebra a rapa, a 600 metros de altitude sobre o nivel do mar. Logo virán os curros de Torroña e de Mougás. En todos eles, os cabalos proceden das ladeiras da serra da Groba e dise que xa no século XIII os monxes de Oia practicaban a cría de cabalos en liberdade, cabalos robustos e fortes que constituirían unha das razas equinas máis antigas da península.

As persoas que coa súa forza física intentan doblegar ás burras - como les chaman os paisanos - son os agarradores ou aloitadores. O forcexeo desmesurado que se produce forma parte da atracción. Os chamados garañóns, os machos guías da manada, enfróntanse entre sí para deixar claro quen tén o mando no grupo. A rapa das bestas é hoxe unha festa única, definitoria do xeito de vida e da tradición nos montes de Galicia. Unha festa para coñecer de verdade as raíces dun anaco de terra distinto, onde ainda quedan moitos lugares por descobrer.
Bibliografía consultada:
- Páxina web do Concello de Oia
Bibliografía consultada:
- Páxina web do Concello de Oia

Ningún comentario:
Publicar un comentario