OS CONCELLEIROS DO GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL, PROPOÑEN NUNHA MOCIÓN UNHA HOMENAXE O POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz municipal do Grupo Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda presentará este xoves, a seguinte moción:
Cando se está a cumplir un ano do pasamento do profesor e poeta, XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO, que se identificou como guardés nacido en As Chabolas, como un fillo do Miño parido a veira do Avia, a quen podemos considerar como o noso mellor poeta dos últimos tempos.
E innecesario facer un glosario de toda a obra que escribiu o longo dos anos, pero nas que sempre estiveron presente os dous pobos que levaba no corazón, así como tamén a súa familia.
Súa pluma percorreu a nosa terra, quedando plasmada tamén en aportes a distintos libros/programas de festas na comarca, e nos moitos reconocementos e premios recibidos nunca esqueceu facer patria, nomeando os pobos nos que naceu e viviu, e no noso, tristemente falecer.
Unha persoa boa e xenerosa que como Mestre perdura na memoria de todos aqueles que pasaron polas súas aulas, excelente ser humano e gran amigo de quenes o trataron.
Dende o Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a presentar para o séu debate e aprobación no próximo Pleno a seguinte moción:
a).- O Concello de A Guarda instaurará un premio de poesía que recorde a Xosé Carlos Gómez Alfaro.
b).- O Concello de A Guarda, levará a cabo unha serie de charlas e conferencias na que se invitará a aqueles autores e críticos que trataron con autor para facer conocer a todos a obra poética de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
c).- O Concello de A Guarda, levará adiante os trámites necesarios a fin de facer un reconocemento do que xa era unha realidade, declarando FILLO ADOPTIVO deste pobo a Xosé Carlos Gómez Alfaro.
A Guarda, a 14 de maio do 2009
Celso R. Fariñas
Portavoz do Grupo Municipal
TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL
A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario