ACTOS EN LEMBRANZA DO POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Infogauda / Galicia
Co gallo do primeiro cabodano do pasamento do egrexo poeta e profesor, Xosé Carlos Gómez Alfaro, este xoves, 14 de maio, ás 20:30 h., na capela do Colexio PP. Somascos, de A Guarda, celebrarase unha Eucaristía na súa lembranza.
Por outra banda, o vindeiro sábado, día 16 de maio, ás 12:00 da mañá, na Praza Maior de Ribadavia, haberá un acto na memoria do prestixioso poeta, promovido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), en colaboura con Concellería de Cultura do Concello de Ribadavia, é o Centro de Estudios Medievais, desa vila do Ribeiro.
Asemade, o sábado 16 de maio, ás 21:00 h., na Casa da Cultura de Ribadavia, terá lugar unha homenaxe o escritor e poeta, Xosé Carlos Gómez Alfaro. A continuación a compañía de Teatro Lope, de Vigo presentará "Jesús que cruz me caeu contigo" .
O domingo, 17 de maio, ás 18:00 h., na igrexa de San Xoán de Sadurnín (Cenlle), homenaxe especial ao poeta do Concello de Cenlle, Xosé Carlos Gómez Alfaro, coa actuación da Coral Viladauga, de Laias, que, entre outros temas interpretará, un poema de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Tamén actuará unha representación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Rondalla Alfaia.
Asemade serán recitados poemas de Gómez Alfaro e será efectuada unha ofrenda froral.
Organiza: Concello de Cenlle
Colaboura: Concello de Ribadavia
Colaboura: Concello de Ribadavia
O sábado 23 de maio, ás 19:00 h., na igrexa de Sadurnín, misa de cabodano en memoria de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Porteriormente, alá por setembro de 2009, ou se cadra en febreiro de 2010, coincidindo coa data de nacemento de X. C. Gómez Alfaro será presentado un poemario inédito de Xosé Carlos Gómez Alfaro. En calquer caso, previamente a devandita presentación, será colocada unha praca na casa natal de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
Asemade vai ser editada a obra completa de Gómez Alfaro, que levará un limiar de Román Raña.
Colabouran: Os concellos de Cenlle, Ribadavia e Ourense.
Asistirán persoeiros do mundo das Letras Galegas (Alonso Montero, Antón Tosar, Miguel Anxo Fernán Vello,....,) e Delegado Provincial de Cultura de Ourense.

Ningún comentario:
Publicar un comentario