5 de abr. de 2009

RECANTO DA ARTE: MARÍA ELENA CIVIDANES PERSEVERA NA SÚA VOCACIÓN ARTÍSTICA

"Mi estación", de Mª Elena Cividanes Álvarez



Infogauda / A Guarda


A pintora Mª Elena Cividanes vén de rematar a obra "Mi estación", unha fermosa paisaxe de ensoñador coorido, cáseque onírico, onde a auga adequire unha inusual tonalidade. Na escea, hai ademáis, unhas árbores que semellan achegarse o curso acuático n´un diálogo sen verbas, máis de proximidade e solidariedade, formando unha simbiose natural desprovista de todo o súperfluo.

Como artista, Mª Elena Cividanes persevera na súa vocación creadora, provista do seu própio estilo. E iso merece salientarse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario